Nota de prensa
O PROXECTO INICIAL DA NOVA REDE DE GAS QUE SE ESTÁ A CONSTRUÍR EN SAN CIPRIÁN ESTÁ SENDO AMPLIADO PARA ABARCAR MÁIS NÚCLEOS DE POBOACIÓN
* O rexedor local, Alfonso Villares, indicou que actualmente os traballos estanse desenvolvendo na zona de Galdín e prolongaranse pola estrada LU-501 ata conectar o subministro co núcleo de Río Cobo
* Villares pediu desculpas ós veciños polos problemas derivados das obras e salientou que os traballos posibilitarán nun futuro prolongar o gasoduto ao resto de núcleos do municipio
Cervo, 25 de marzo de 2010.- Nestes últimos días operarios da empresa concesionaria das obras de construción da rede de subministro que está a despregar Gas Galicia na vila de San Ciprián están a desenvolver os seus traballos na zona de Galdín. Segundo indicou o alcalde, Alfonso Villares, estas obras son unha ampliación do proxecto orixinariamente contemplado pola empresa gasística, o cal abarcaba básicamente o núcleo urbano de San Ciprián. “Aproveitando que se estaban a facer estes os traballos, conseguimos que a empresa acometera unha ampliación da rede de subministro inicialmente inicialmente previsto no proxecto orixinario co obxecto de poder subministrar o gas tamén ó núcleo de Río Cobo” indicou o rexedor.
Deste xeito, as vivendas de Río Cobo unirase así ao núcleo de San Ciprián e ao polígono de Cuíña en ser os primeiros núcleos onde a empresa concesionaria subministre este novo servizo. Segundo o alcalde esta mellora do proxecto suporá tamén a axilización do s prtazos inicialmente previstos para estender esta nova rede de gas ó resto de núcleos de poboación do termino municipal. “A nosa intención é continuar nesta liña de traballo e procurar axilizar dentro das nosas posibilidades tódolos trámites que sexan da nosa competencia para facilitar na medida do posible que todos os núcleos de poboación do noso concello poidan dispoñer do servizo de gas canto antes” asegurou.
Villares indicou tamén que esta ampliación da rede gasística poderá beneficiar tamén ás vivendas que se atopen no novo trazado que subministrará o gas dende a zona de Galdín ata Río Cobo “ampliando así o número de veciños que poderán disfrutar a custes rendibles desta enerxía alternativa, a cal, esperemos que se vaia estendendo paulatinamente polo noso termo municipal nun breve espazo de tempo” sinalou.
Convenio
O Concello de Cervo e Gas Galicia firmaron o pasado ano un convenio consistente no arrendamento por parte do Concello á empresa concesionaria do subministro e da rede de distribución deste combustible no termo municipal dunha finca de propiedade municipal de 3.724 metros cadrados situada no polígono de Cuíña para a construción dunha planta satélite provisional de recepción, almacenamento e gasificación de gas natural licuado. A duración do arrendamento será de cinco anos prorrogables ata un máximo de dez por períodos anuais e por cada uno deles o Concello percibirá 10.800 euros máis IVA.
O Concello de Cervo leva tempo tendo en conta a proximidade da posta en marcha deste servizo. Por iso, dende hai varios anos as obras de mellora acometidas polo Goberno local nas rúas de San Ciprián xa contemplan as canalizacións deste servizo “co obxecto de non ter que volver a abrir as rúas ao tempo que axilizamos a posta en marcha do servizo” lembrou Villares.
Desculpas
Aínda así, o rexedor quixo pedir desculpas a tódolos veciños da zona de Galdín -onde se están a desenvolver actualmente os traballos- polos posibles inconvenientes ocasionados polas obras. “Somos conscientes de que este tipo de traballos carrexan algunha que outra molestia entre os veciños que viven cerca deles, pero tamén somos conscientes que eles saben da necesidade de ter que facelos. Por iso, agradecémoslles a súa comprensión” recalcou o rexedor.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



