COMUNICADO DE PRENSA OS AVENTADOS
A ASOCIACION CULTURAL MARIÑANA “OS AVENTADOS” CONVOCA PARA MAÑÄ SABADO DIA 26 DE MARZO AS 12 HORAS A UNHA RODA DE PRENSA NO COMPLEXO REGALXUNQUEIRA -VIVEIRO, PARA DAR A COÑECER OS GALARDONADOS A OS PREMIOS ARDELLE O EIXO , ARDELLE O CARRO, A TODA UNHA VIDA, Ó MECENAZGO, Á CALIDADE DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA, do 2011.
Naide pode decir que non vivimos nunca terra donde se rinde culto os mortos, o simple feito de morrer xa e suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e a sañal se poñan ipso facto a votar salvas e banaglorias do finado. De vivo nada de nada de morto a gloria e a posteridade, o exemplo mais flagante temolo codia das letras galegas, o homenaxeado ten que estar morto e ben morto pois hasta dez anos despois de finalo, cando os vermes deron boa conta das suas carnes non se lle pode adicar o dia das letras galegas.
Os tempos estan cambiando que decia o Dylan e e hora que nesta terra se empece a falar ben dos vivos mentres esten vivos, de esa forma daraselles un pulo para que sigan a facer cousas por a su aterra, despois de morto peras o burro de vivo e cando se pode axudar.
Por eso Os Aventados queremos instaurar, ademais da republica, unhos premios anuales co nome de ARDELLE O EIXO para aquelas persoas, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran pola sua lavor social, politica, artistica, deportiva, industruial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Tamen. O moismo tempo se crean outros premios co nome de ARDELLE O CARRO adicados a aquelas persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran o cavo do ano pola sua nefasta xestion no ambito social, politico, artistico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios seran en émbolos casos unhas esculturas de ceramica do compañeiro en argalladas Otero Regal, non levaran consigo ningunha gratificación economica nin lucrativa.
Os premios seran de carácter anual, e para atorgalos todolos socios de OS AVENTADOS poderan propoñer as persoas que creen merecentes dos mismos, con esas propostas un xurado nomeado pola xunta directiva escollera os galardonados.
O galardón sera entregado nunca comiola onde serán invitados os premiados.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



