Nota de prensa
O BNG SATISFEITO POLO INICIO DE OBRAS DE REPARACIÓN DO SANEAMENTO EN FIGUEIRIDO DESPOIS DE 14 MESES DE ESPERA
Lamentan que tivera que pasar mais dun ano e unha denuncia conxunta do BNG e dos veciños no SEPRONA para que Xunta e concello se puxeran a traballar
Os nacionalistas agardan que se reparen tódolos danos e se repoña o terreo ao seu estado orixinal
Cervo, 25 de marzo de 2011. O BNG saudou con satisfacción o inicio das obras para reparar os danos das riadas de xaneiro e xuño de 2010 en Figueirido onde o saneamento quedou inservíbel e vertendo ao ría Xunco dende aquela data. Os nacionalistas lamentan a espera de 14 meses nas que veciños e BNG solicitaron a súa reparación no concello sen que se dera resposta algunha e chegaron a presentar denuncia no SEPRONA á vista da parálise tanto da Xunta como do goberno local. Os nacionalistas agora agardan a reparación de toda a infraestrutura de saneamento, a retirada das tubaxes antigas e a reposición do terreo ao seu estado orixinal.
Satisfacción polo inicio das obras e pola conciencia medio ambiental demostrada polos veciños de Figueirido
No día de hoxe varios operarios deron inicio ás obras de reparación dos danos causado polas riadas de xaneiro e xuño de 2010 no lugar de Figueirido para repoñer os cuantiosos danos causados polas riadas na infraestrutura de saneamento, en varios muros de contención e nun camiño de acceso ao Río Xunco. Dende fai mais dun ano os veciños da zona veñen reclamando a súa reparación e en datas recentes presentaron conxuntamente co BNG unha denuncia diante do SEPRONA polos vertidos de augas residuais ao Río Xunco. O responsábel Local nacionalista, Luís Bernardo Insua, “mostrou a súa satisfacción polo inicio das obras que demostran que a presión e a unidade fai andar a maquinaria”, en referencia ao apoio da práctica totalidade dos veciños do lugar que denunciaron o caso no SEPRONA.
O BNG estará vixiante para que se repare toda a infraestrutura de saneamento danada e a reposición do terreo ao seu estado orixinal
O nacionalista agora agarda a “reparación de toda a infraestrutura de saneamento danada, a retirada das tubaxes antigas, a reparación dos muros de contención e a recuperación dun camiño que baixaba ao Río Xunco”. Bernardo Insua advertiu que “o BNG estará vixiante para que se fagan efectivas todas estas obras, sen excepción.


















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



