Nota de prensa:
Cando a administración prende lume ao monte, algo falla na política forestal
Cando a administración usa o lume como “instrumento preventivo” evidencia unha preocupante falta de medios, de ideas ou o que é mais grave, de interese por xestionar os nosos montes cun mínimo de sustentabilidade. Ao aplicar esta política, a Xunta fai súas as teses de G. W. Bush: se non hai árbores que queimar, acabáronse os lumes. As queimas “controladas” ou “preventivas” son ante todo iso, incendios. En absoluto son xustificábeis como método de desbroce, para o fomento de pasteiros ou para “a mellora do hábitat de animais silvestres, especialmente mamíferos e aves” (sic), como chegaron a dicir. Mais o que xa resulta incomprensíbel é como se permiten estes procedementos cunha climatoloxía adversa e sen o dispositivo de extinción plenamente operativo.
Un incendio forestal, independente da súa orixe e suposta “utilidade” degrada valiosos solos que tardan milleiros de anos en formarse, perdéndose fertilidade. Increméntase tamén o risco de erosión, favorecendo a escorrentía e diminuindo a infiltración da auga, chave para o subministro de moitas poboacións. E por suposo, a biodiversidade, incluindo hábitats e especies moi fráxiles e amezados, vese gravemente afectada. Tense tamén demonstrado que os incendios incrementan os arrastres cara os ríos e as rías causando a perda de diversidade acuática e mesmo graves danos a especies comerciais. Portanto, o lume é máis problema que solución, e non só afecta aos ecosistemas forestais. De ningún xeito pode ser usado de masivamente como instrumento.
ADEGA critica a escasa coerencia dunha administración que, ano tras ano, segue permitindo ou fomentando a transformación mediante queimas dos usos do monte, logo de ter manifestado a sua intención de reducir o lume como instrumento de desbroce e limpeza. Por outra banda, fomentar a sistemática eliminación do mato e a súa transformación en pasteiros ou superficie forestada, oponse á multifuncionalidade: esquece que o mato e os hábitats de monte baixo, moitos deles comunidades vexetais protexidas pola UE, cumpren unha importante función ecolóxica. A súa eliminación sistemática, e por riba usando o lume como instrumento, non só é un atentado ambiental senón que tamén coarta outros aproveitamentos compatíbeis do monte (silvopastoreo, aproveitamento de cogomelos, apicultura, turismo de natureza, biomasa, caza, etc.)
ADEGA esixe da administración o abandono do lume como instrumento de traballo e o reforzamento dos labores preventivos nos montes en época de baixo risco. Estes traballos (desbroces, cortalumes, barreiras de frondosas, etc.) deberían ser sempre selectivos e efectuados de xeito que se respecten os valores ambientais do monte.
Queremos pensar que estas queimas autorizadas ou efectuadas pola propia admistración en condicións adversas e sen os medios necesarios para as controlar, non respostan ás presións de determinados sectores que en non poucas ocasións teñen feito do lume o instrumento preferente para defender e mesmo impoñer os seus intereses. Que tería pasado se no lume de Bande tivera acontecido algunha desgraza persoal? A quen pediría entón responsabilidades o Sr. Feijóo?






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



