E F E M E R I D E
Polos días de abril de 1976 – hai 35 anos – saía do prelo o que era o primeiro libro sobre a igrexa de San Martiño. Ata daquela non existía publicación monográfica algunha que tratara desa xoia da historia e da arte, é decir, da cultura, tan valorada polas xeracións sucesivas e, de xeito especial, polos expertos e estudosos de hoxendía.
Con él encetábase tamén a bibliografía, ata entón inexistente, que, referida a diversos aspectos da historia de Foz, hoxe acada a cantidade superior ós trinta títulos.
O libro, de mais de cen páxinas, leva un Pórtico do que foi insigne escritor e xornalista don Xosé Trapero Pardo i está ilustrado cunha trintena de fotos de Sergio e un magnífico debuxo da capela do Bispo Santo, realizado por Eugenio Hermida. Concebido a xeito de guía, descrebe de forma un tanto poética o itinerario dende a vila ata a que hoxe é basílica, e continúa pola ruta Pardo de Cela, para o que inclue un gráfico que sinala o roteiro. Está esgotado, dende hai moitos anos. O ser a primeira das publicacións locais, fai dél un fito, nos anais da expresión cultural do pobo focego; non faltará quen, íntimamente, o celebre…


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



