Nota de prensa:
A Deputación puxo hoxe á venda en lugares estratéxicos os primeiros 150 produtos Lugo Sabe
– Besteiro e as firmas colaboradoras presentaron un dos 14 expositores distribuídos en supermercados Cemar ó longo das provincias de Lugo e Coruña, e en 4 estacións de servizo da A-6 á altura do Corgo e Guitiriz
– Logo da incorporación de novos produtos e da avaliación dos resultados nas vendas, a Deputación incrementará os puntos de venda, situando máis stands fóra da provincia
– O Presidente anuncia que, debido a demanda das empresas agroalimentarias da provincia, na seguinte fase de Lug02 incorporaranse produtos de fóra das Reservas da Biosfera
Dous días despois de conceder a marca de garantía de calidade Lugo Sabe ós primeiros 150 produtos autóctonos da provincia, a Deputación puxo hoxe en marcha a primeira medida para potencialos. Hortalizas, mel, pan e derivados, queixos, carnes de vacún e porcino, así como embutidos ou doces de 35 empresas agroalimentarias da provincia, xa se atopan á venda en tendas de Cemar, Cafestore e La Palloza Gallega. O Presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, e a representante de Cemar, Ana María López Amarante, presentaron este venres, no supermercado de dita cadea na rúa Quiroga Ballesteros da capital, un dos 14 expositores distribuídos dende hoxe polas provincias de Lugo e A Coruña.
Gómez Besteiro salientou que “hoxe comezamos unha nova etapa que temos vontade de continuar. Xuntos, faremos que se recoñeza a calidade dos nosos produtos e que soen en todas partes. Dende o mércores, recibimos moitas chamadas de xente que quere incorporarse. Por iso, na segunda fase de Lug02 incorporaranse produtos autóctonos de fóra das Reservas da Biosfera. Ata o momento, esta é unha obriga da Unión Europea”.
Dende hoxe, os primeiros produtos que posúen o distintivo do organismo provincial pódense mercar nos establecementos de Cemar en Pobra de San Xillao, Ribadeo, Ferreira do Valadouro, Meira, Castro Riberas de Lea, Palas de Rei, nas rúas Quiroga Ballesteros e Monteros Ríos da cidade lucense, así como en Ortigueira e Cedeira, na Coruña. Ademais, tamén se venden nas 4 estacións de servizo da A-6, á altura de Guitiriz e O Corgo.
Unha vez que se avalíen os resultados deste proxecto piloto, a Deputación incrementará o número de expositores, levando os produtos Lugo Sabe polas máis de 40 tendas que posúe Cemar na Comunidade. Da mesma forma, tamén estudará o nivel de vendas nos establecementos da autovía A-6, -transitada a diario por 10.200 clientes potenciais, segundo datos de Fomento-, co obxectivo de levar máis “stands” a outras estacións de servizo e puntos estratéxicos.
O organismo provincial inviste nesta iniciativa, enmarcada en Lug02 , 60.000 euros. Dentro deste mesmo programa cofinanciado nun 70% con fondos da Unión Europea, a Deputación porá en marcha en maio novas medidas de comercialización dos produtos autóctonos. Trátase da primeira plataforma de comercio electrónico na provincia. Será un espazo onde, de xeito totalmente gratuíto e as 24 horas do día, as empresas lucenses poderán anunciar, vender e distribuír os produtos agroalimentarios. Nas vindeiras semanas, abrirase a listaxe para que todas as empresas que o desexen se sumen, sen custe algún, a esta iniciativa.
Produtos á venda
Os 150 primeiros produtos Lugo Sabe postos á venda son moi diversos: hortalizas (pementos, cebolas, tomates, nabos, xudías…), mel, pan e derivados (empanadas, bolos preñados….), queixos (San Simón da Costa, de Tetilla, Galego, do País..), carnes de vacún e porcino, así como embutidos (xamóns, butelos, chourizos, lacón, cacheira, androlla, touciño, costelas, soá, lacón, tenreira galega…), ou doces (roscón de amendoa, bombóns, torta de Guitiriz, tarta de Mondoñedo, marmeladas, castañas en almibar…).
As primeiras 35 entidades lucenses que someteron ós seus produtos a unha rigorosa avaliación durante todo o proceso de fabricación, para acadar o distintivo de garantía de calidade da Deputación foron: As Fadegas (Ribadeo), Labregos de Lugo SAT (Riotorto), O Trobo, Mel do Valadouro (O Valadouro), Panadería Rubal (Mondoñedo), José César Páez Santamaría (Ribadeo), Capones Aurora (Vilalba), Daniberto SAT (Vilalba), Queixería Don Crisanto (Vilalba), Queixería Cas Leira SL (Vilalba), Atilano Anllo SL (Vilalba), Castelo (Vilalba), Dispravia SL (Vilalba), Queixería Don Gabino (Vilalba), Jamones Francisco Otero Pérez (Vilalba), Queixería Prestes (Vilalba), Cogumelas Muralla (Lugo), Queixos Pacita (Friol), Lualco (Lugo), Bombones Suguimar SA (Lugo), Panadería Concha Campaceira (Friol), Embutidos Campa (Cervantes), Panadería Os Ancares (Cervantes), Torre de Núñez (Lugo), Embutidos Suarna (Navia de Suarna), Panadería La Esquina (Gutiriz), Confitería La Alianza (Mondoñedo), Confitería Méndez (O Valadouro), Embutidos Hermelio (O Valadouro), ACISAL (Vilalba), Dulce María Barro Fernández (Vilalba), Frilea SL (Castro de Rei), Jamones González SL (O Corgo), Delicias do Souto (Folgoso do Courel) e Caurelor (Folgoso do Courel).

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



