Nota de prensa
A ACTA DO PATRONATO CERTIFICA, QUE O ALCALDE MINTE POSTO QUE QUEDA CLARO DE QUE O COMPROMISO DO CONCELLO DE FOZ CO ASILO NO ANO 2008 ERA DE 30.000 € ANUALES
Foz, 28/04/11.- Castiñeira presenta unha copia do certificado emitido polo secretario do patronato o 28 de outubro do 2008 que certifica que o concello se comprometía a aportar 3O.OOO € ANUALES ao asilo, demostrando que Rivera so levou a pleno do 2009 dando a entender que so era para ese ano, non cumpriu co Asilo o resto dos anos e minteulle novamente todos estes días ao pobo de Foz.
O certificado corrobora que o Alcalde Rivera estivo na citada reunión, posto que pertence ao patronato e non consta en acta que ese día causara falta, ademais foi él como alcalde o que se comprometeu á aportación das anualidades pola parte do concello, proba deso tamén é a hemeroteca onde o propio alcalde ao día seguinte o confirmouno na prensa.
No citado certificado, ademais o alcalde comprometeuse a que o citado acordo do 2008 debería ser referendado polo pleno, e non o fixo, soamente o levou un ano despois e por individual a aportación do ano 2009, que efectivamente se aprobou no pleno por unanimidade, o mesmo debería facer nos sucesivos anos, e non fixo.
Castiñeira afirma que o alcalde tentou todos estes días enganar ao pobo de Foz coas actas e convenios que correspondían só á primeira anualidade do pago no 2009, que foi o único ano que cumpreu, logo nos sucesivos anos faltou ao acordo, ao contrario do que sí fixo o patronato que está a cumprir anualmente co acordado na acta .
Os socialistas de Foz e Rivera, levan varias semanas acusando nos medios de prensa e en foros dixitais a Castiñeira de mentiroso, cando este era consciente do acordo asinado no 2008 polo concello e o patronato, tendo que aguantar varios días as criticas inxustas e intencionadas dun grupo socialista que non sabe como desacreditar ao candidato popular.
Castiñeira, volta a criticar a montaxe que fixeron os socialistas lucenses, atribuíndose como salvadores do Asilo, cando eles mesmos foron os primeiros en non cumprir coa ONG Edad Dorada-Mensajeros De La Paz, aproveitando a prestixiosa institución focense para facer propaganda a un mes das eleccións.
O mesmo trataron de facer coas obras do campo de Fútbol e o Plan Emprega Lugo, intentando confundir aos cidadáns meses antes das eleccións, aproveitando os recursos da deputación de Lugo posto que no concello xa os esgotou, para sacar rendemento político, sabedores de que as enquisas en ámbalas dúas administracións lle son desfavorables.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



