Nota de prensa
![]()
XORNADA DAS CATEGORÍAS DE BASE
>As categorías benxamín, alevín e infantil da ED EON Burela FS disputarán o vindeiro domingo, 8 de maio, a fase previa da Copa de Deporte Escolar.
O campionato distribuirase en tres sedes: A Veiga-San Cibrao, para benxamíns, cun total de 13 equipos; A Pontenova, para alevíns, con 13 cadros; e Monte Castelo-Burela, para infantís, con 8 escuadras.
Burela acollerá a fase final el 21 de mayo, cita a la que accederán los campeones de cada grupo en las categorías benjamín y alevín y los dos primeros en infantiles.
Copa de Deporte Escolar-FASE PREVIA
Pavillón da Veiga, en San Cibrao-BENXAMÍNS
10.10 horas: ED EON Burela FS B-Lourenzá
10.50 horas: ED EON Burela FS A-Santiago de Foz
12.50 horas: ED EON Burela FS C-C. Viveiro
13.30 horas: ED EON Burela FS B-Mondoñedo
16.10 horas: ED EON Burela FS C-Praia de Covas A
17.30 horas: ED Burela FS A-Praia de Covas B
Pavillón municipal da Pontenova-ALEVÍNS
9.30 horas: ED EON Burela FS A-Barreiros
10.50 horas: ED EON Burela FS B-C. Viveiro
13.30 horas: ED EON Burela FS B-Lourenzá B
14.50 horas: ED EON Burela FS A-O Pilar
Pavillón Monte Castelo, en Burela-INFANTÍS
9.30 horas: ED EON Burela FS A-ED EON Burela FS Infantil Feminino
10.50 horas: ED EON Burela FS B-Xove
12.10 horas: ED EON Burela FS A-Ribadeo
12.50 horas: ED EON Burela FS Infantil Feminino-A Mariña
13.30 horas: ED EON Burela FS B-Alfoz
14.50 horas: ED EON Burela FS A-A Mariña
15.30 horas: ED EON Burela FS Infantil Feminino-Ribadeo
16.10 horas: ED EON Burela FS B-Lourenzá
Así mesmo, os equipos infantís laranxas disputarán a final provincial o sábado en San Cibrao. Aos xuvenís tocaralles visitar os viveirenses na segunda xornada da Copa Nacional, tamén o sábado.
Final Provincial Infantil (A Veiga-San Cibrao)
11.00 horas: ED EON Burela FS A-Friol (SEMINIFINAL)
12.00 horas: EDM Chantada-ED EON Burela FS B (SEMIFINAL)
16.00 horas: 3º posto-4º posto
17.00 horas: FINAL
Copa Nacional Xuvenil
Club del Mar A Mariña FS-Burela FS
Sábado 7 de maio, ás 16.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro en Covas




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
