Nota de prensa
O PSOE DE FOZ LAMENTA QUE O DEBATE ORGANIZADO NA CADENA SER NON SE LEVARA ADIANTE POLO REXEITAMENTO A ÚLTIMA HORA DO RESTO DE CANDIDATOS Á ALCALDÍA
-Sinalan que “despois de ter confirmada a súa asistencia, chamaron un por un á emisora pero ningún se dignou a avisar ós socialistas da súa decisión”
-Esperan que “nas próximas citas den a cara para que os veciños poidan comparar as ideas e propostas de cada candidato”
A Agrupación Socialista de Foz lamenta a actitude do resto de forzas políticas do Concello e dos seus candidatos por non asistir ó debate que tiñan organizado para a tarde de onte ás 21:00 horas na Cadena Ser Occidente.
Os socialistas sinalan que “despois de ter confirmada a súa asistencia, o resto dos candidatos á alcaldía chamaron un por un á cadena durante a tarde para comunicar a súa non asistencia. Nós chegamos á emisora sobre as 20:30 horas como tiñamos previsto e encontrámonos con ese panorama. Ningún deles se dignou a avisar ós socialistas da súa decisión”.
Dende o PSOE focense aseguran que “é unha lástima que esta iniciativa non poidera levarse adiante. Cremos que os debates son a forma máis transparente da que dispoñen os veciños para elixir entre as diferentes opcións políticas tras comparar as ideas, propostas e solucións que cada candidato propón para os temas do noso concello”. E engadiron que “esperamos que nas próximas citas se dignen a dar a cara para explicarlles ós veciños o seu posicionamento e por qué queren optar á alcaldía do Concello de Foz”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.