Nota de prensa
O GPPP acusa a socialistas e nacionalistas de tentar consolidar o seu persoal de confinaza en postos de traballo da Deputación
Os populares consideran que este proceder denota que tanto o PSOE como o BNG dubidan de poder manter o goberno da Deputación e, por elo, a só uns días da cita electoral, adicanse a facer todo o posible para garantir un posto de traballo ós colaboradores que políticamente lles son afins.
Lugo, 8 de maio de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular califica de escandalosa a política de persoal que está a desenvolver a Deputación. Salientan os populares que o proceder do goberno provincial conformado por socialistas e nacionalistas “é insólito e só busca deixar ben colocados ós seus”.
Primeiro colocaron a altos cargos dos seus respectivos partidos en postos de relevancia e moi ben retribuidos dentro do organigrama da institución; despois designaron a algúns deses altos cargos para conformar os tribunais encargados de seleccionar traballadores para a Deputación. En ambos casos atópase, por exemplo, Luis Rodríguez Edrosa, o secretario de Organización do PSOE, que mediante unha manobra que incumple os estatutos do Inludes colocárono de director deste organismo e que forma parte de varios destes tribunais calificadores.
Pero por si eso fora pouco, agora, engaden os populares, mediante a convocatoria de concursos específicos de méritos de postos de traballo de persoal funcionario que están vacantes na vixente Relación de Postos de Traballo, pretenden perpetúalos no cargo para o que foran designados a dedo. Exemplo claro desta situación é o de Miguel Angel Fernández, actual alcalde de Triacastela, que dirixe a Granxa Gaioso Castro e ó que pretenden consolidar neste posto a través de un destes concursos de méritos.
Para os populares resulta moi sospeitoso que algunhas prazas se convoquen por oposición libre e outras por concurso oposición polo que non dubidan en afirmar que o fin co que empregan un ou outro método non é outro que asentar a persoal eventual próximo a socialistas e nacionalistas como funcionarios da Deputación, consolidar, en definitiva, o seu personal de confianza.
O GPPP conclúen ante estas circunstancias que PSOE e BNG non teñen ningún reparo en empregar os fodos públicos da institución de xeito partidista.
Entenden tamén os populares que este proceder denota que socialistas e nacionalistas dubidan dos resultados que acadarán nos comicios do vindeiro 22 de maio e que, ante a posibilidade de perder o goberno da Deputación, adicanse, a só uns días da cita electoral, a facer todo o posible para garantir un posto de traballo ós seus afins.


















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



