Nota de prensa
O PP demostrou que a defensa dos intereses de Barreiros está por riba de todo; outros só se adicaron a poñer atrancos
Durante o acto de presentación da candidatura que encabeza Fuente Parga, José Manuel Barreiro amosouse convencido de que os resultados electorais do vindeiro 22 de maio serán favorables ó PP neste municipio
Barreiros, a 8 de maio de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro participou hoxe en Barreiros no acto de presentación da candidatura coa que a súa formación concurrirá ás vindeiras eleccións locais do 22 de maio neste concello baixo a dirección de Alfonso Fuente Parga, actual alcalde deste municipio. Un acto ó que tamén asistiron, entre outros cargos electos e orgánicos do PP, Javier Guerra e o secretario provincial José Manuel Balseiro.
Barreiro explicou durante a súa intervención que por mor da mala xestión da crise económica, da que non dubidou en responsabilizar ós socialistas, agardannos aínda tempos difíciles. Ante esta circunstancia, segundo dixo, resulta transcendental non equivocarse á hora de elexir ós xestores dos fondos públicos. “O vindeiro 22 de maio será decisivo para cada un dos concellos desta provincia, de Galicia e de España porque comenzará unha nova etapa na que o Partido Popular demostrará que é posible poñerlle freo a situación actual e, o máis importante, poñer os medios e as ideas que nos permitan remontar este mal ciclo”, engadiu.
Para o presidente dos populares lucenses “o momento que vivimos non permite experimentos e se ó fronte dun concello temos unha persoa capaz de sacar adiante un proxecto de futuro, como é o caso de Barreiros con Alfonso Fuente, non podemos nin debemos renunciar a elo”. “Estou seguro, porque sabedes o que mellor convén para Barreiros e quen pode facer máis por este concello, que así será”, engadiu.
José Manuel Barreiro destacou que o Partido Popular deu mostras da súa sensibilidade, da súa preocupación e da súa capacidade para resolver os problemas que aquí había, buscando para elo a colaboración doutras institucións. “Demostrou que a defensa dos intereses de Barreiros está por riba de todo; outros só se adicaron a poñer atrancos, nin propuxeron solucións nin apoiaron as que presentaron e defenderon outros”, dixo. “Esa é a diferencia entre o PP e as outras forzas políticas: uns estamos para solventar e superar as dificultades; outros para magnificalos”, apuntillou.
Candidatura
1.- José Alfonso Fuente Parga
2.- José Manuel Gómez Puente
3.- José Rojo Blanco
4.- Adelina Rodríguez Fernández
5.- María Mar Sante García
6.- Lorenzo Penabad Bolaño
7.- María Alina Rodríguez Díaz
8.- Concepción Fernández Iglesias
9.- Nuria López Morado
10.- Javier Fernández López
11.- Ana Isabel Yáñez Fernández
Suplentes
José Otero Méndez
María Remedios García Leyva
Francisco Urcesino García Fernández
José Martínez Fernández
Sonia Piñeiro Rúas


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



