Nota de prensa:
Castro de Rei, Castroverde, Chantada Monforte de Lemos, Monterroso, Sarria e Ribadeo reciben apoio da Xunta para a redacción dos plans dos cascos vellos
A xunta dispón por primeira vez axudas DE PLANEAMENTO ESPECÍFICAS para A protección de zonas históricas, que na provincia DE LUGO ROlDAN OS 1,4 MILLÓNS DESTINADOS A SETE CONCELLOS
- As subvencións teñen por obxecto axudar aos concellos e contar cos instrumentos de planeamento urbanístico que contribúan a preservar o patrimonio cultural de asentamentos de carácter histórico ou de singular valor arquitectónico dos concellos cunha poboación inferior aos 50.000 habitantes
- A Administración autonómica responde ás inquietudes manifestadas por moitos concellos que trasladaron as súas demandas sobre a necesidade de axudas para poder ordenar estes espazos, na súa meirande parte en solo urbano
- A finalidade é estudar estes espazos para que teñan futuro, estean activos, ofrezan servizos e revitalicen as cidades ou vilas nas que se atopan, coa posibilidade de definir novos usos e conservar o que defina o plan especial
- En total, a Xunta concedeu axudas deste tipo a 20 concellos galegos por un importe de 3.075.519 euros
- As zonas vellas de Monforte de Lemos e Ribadeo son os proxectos da provincia que máis axudas levarán con case 400.000 euros cada un
Santiago, 14 de maio de 2011.- Os concellos de Castro de Rei, Castroverde, Chantada, Monforte de Lemos, Monterroso, Sarria e Ribadeo recibirán unha axuda de planeamento de exactamente 1.388.647 euros destinados á redacción de plans de protección da súa zona vella. Trátase da primeira vez que un Goberno galego dispón esta partida de subvencións creada para axudar á redacción de Plans Especiais de Protección, que teñen por obxecto preservar o patrimonio cultural de asentamentos de carácter histórico ou de singular valor arquitectónico dos concellos cunha poboación non superior aos 50.000 habitantes. En total, a Xunta concedeu axudas deste tipo a 20 concellos galegos por un importe de 3.075.519 euros.
Con estas axudas, a Xunta de Galicia pretende colaborar na recuperación destas zonas históricas e poñelas en valor, xa que son proxectos onde os investimentos privados non adoitan entrar ao non ser lucrativos. Deste xeito, ademais, a Administración autonómica responde ás inquietudes manifestadas por moitos concellos que trasladaron as súas demandas sobre a necesidade de axudas para poder ordenar estes espazos, na súa meirande parte en solo urbano.
Garantir o futuro
De xeito sinxelo, pódese dicir que estes plans especiais son unha especie de plan xeral no que se estuda polo miúdo tanto o estado de conservación das edificacións como dos espazos públicos e no que se fixa, por exemplo, o uso futuro dunha praza, onde se poderá facer un parque ou un aparcadoiro. A finalidade é estudar estes espazos cun determinado valor para que teñan futuro, estean activos, ofrezan servizos ou revitalicen as cidades ou vilas nas que se atopan, coa posibilidade de definir novos usos e conservar o que defina o plan especial.
| PROVINCIA DE LUGO | |||
| ANO DA ORDE | CONCELLO | FIGURA SUBVENCIONADA | IMPORTE DAS AXUDAS CONCEDIDAS NO ANO 2010 |
| 2010 | CASTRO DE REI | PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. | 120.487,50 € |
| 2010 | CASTROVERDE | PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO BARRIO DA FORTALEZA | 56.050,00 € |
| 2010 | CHANTADA | PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO HISTÓRICO | 67.803,75 € |
| 2010 | MONFORTE DE LEMOS | PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. | 377.338,50 € |
| 2010 | MONTERROSO | PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. | 135.093,00 € |
| 2010 | SARRIA | PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. | 242.628,75 € |
| 2010 | RIBADEO | PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. | 389.245,50 € |
| TOTAL PROVINCIA DE LUGO | 1.388.647,00 € | ||
Na provincia de Lugo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio, concedeu axudas deste tipo a sete concellos, sendo Ribadeo e Monforte de Lemos os municipios que recibirán as sumas máis elevadas: preto de 400.000 euros destinados á protección de cadansúa zona vella.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



