Nota de prensa
UNIFOZ, presentou o seu programa para gobernar Foz na parroquia de Sta Cecilia diante de mais de 70 persoas, as que queremos agradecer a súa presencia.
UNIFOZ dixo en Sta Cecilia, que os votos de desta formación non serán para facer Alcalde nin ao candidato do PP, nin do PSOE,os votos de UNIFOZ, serán para cambiar a forma de gobernar en Foz, pensado no Emprego, na xuventude , nos S.Sociais, e sobre todo no diálogo e consenso da Corporación.
UNIFOZ ten claro que nos une moito máis do que nos separa ” Foz”, así pois goberno e oposición temos que camiñar de unha vez por todas na mesma dirección.
UNIFOZ, entende a preocupación da persoa que despois de gobernar 16 anos este concello (desgobernando nos últimos anos), e despois de mentir os cidadáns de que non se presentaría, agora vexa que ten díficil chegar a poder conseguir ser Alcalde 20 anos.
O voto útil para cambiar Foz ten un nome a chámase UNIFOZ, formación que recolle as preocupación dos veciños no seu programa electoral, e a súa representación na corporación será a que digan os ciudadanos o día 22 de maio, e non a que lle gustaría ao candidato do PSOE.
Por último ,decir que o desencanto das persoas de pensamento socialista ten un nome : Sr Rivera e a súa forma de facer política nos últimos tempos


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



