*ADEGA E ERVA CRITICAN A DECISIÓN DE MEDIO RURAL DE PERMITIR BATIDAS AO XABARÍN
EN ÉPOCA DE CRÍA E EN ESPAZOS DA REDE NATURA 2000*
*3 de maio de 2011.* Os grupos ecoloxistas ERVA e ADEGA queren denunciar ante a
opinión pública a regresión en materia de política de xestión e conservación da
fauna que supón, en primeiro lugar, a negativa da Xunta a compensar os danos do
porco bravo e, en segundo lugar, o impulso da celebración de batidas para
controlar a poboación desta especie en época de cría e mesmo dentro de zonas
protexidas.
A política de facto de non pagar as compensacións, cuxos expedientes están
paralisados desde finais do ano pasado, está en relación co recorte do gasto
público no contexto da crise que padecemos. Esta actitude revela a política
regresiva do goberno autonómico en materia de conservación. O intento morno da
Xunta de derivar a responsabilidade eNotade conómica dos danos aos TECOR
finalmente concretouse, por electoralismo, na renuncia de Medio Rural a implicar
ás sociedades cinexéticas, nas que residiría unha parte da responsabilidade como
así ven recollido na Lei de Caza.
É chamativo que se sigan inspeccionando danos aos cultivos por parte da gardería
de conservación, se no existen fondos públicos para pagalos. Algúns expedientes
levan sen pagar dous anos, coa única intención e de acalar aos afectados e
evitar protestas antes das eleccións. Tal é o xeito de conducirse do actual
director xeral de conservación que antepón as cuestión partidistas á verdadeira
solución dos problemas existentes vencellados á actividade cinexética.
Como consecuencia, a única actuación que lle resta a Medio Rural é a aplicación
das excepcionalidades contempladas na Lei de Caza. Estas excepcións son norma na
xestión do porco bravo dende 2009, e acandan maior gravedade neste ano. A
celebración sistemática de batidas en época de cría das especies salvaxes non
teñen xustificación debido á falla de información demográfica rigorosa sobre as
poboacións de xabarín.
Estas batidas, nas que se irrompe no monte con cans, teñen unha incidencia
negativa sobre a fauna cinexética e non cinexética, ao posibilitar que se
malogren as crías das distintas especies de mamíferos e aves que comparten o
habitat co porco bravo. Especies de aves de presa como a tartaraña cincenta, a
gatafornela (ambas as dúuas ameazadas) ou a avenoiteira, outras aves como a
perdiz e mamíferos como a lebre, o coello ou o lobo vense afectadas por esta
irrupción en plena época de crecimento das crías. Nen sequera se contempla que
as prácticas cinexéticas autorizadas nesta época sexan modalidades máis
selectivas (tipo esperas nocturnas) e non xeralistas (ganchos e monterías).
As batidas nesta época, ao coincidir coas estacións de máximo risco de incendios
e derivarse boa parte do persoal á realización de labores de extinción poden
contribuir ademais a fomentar o furtivismo, xa que non hai sificiente persoal
para controlar os milleiros de batidas que poden organizar.
A aplicación desta manga ancha coas batidas, cobra maior gravidade nos espazos
protexidos da Rede Natura 2000 ou cando para o caso, revísase a condición de
terrenos vedados criados precisamente criar refuxios de fauna e garantir a
persistencia das poboacións.
Por estas razóns, ERVA e ADEGA reclamaos da Xunta que, denantes de seguir
autorizando batidas en época de cría, clarifique o modelo de pagamento dos danos
do xabarín, ben através da responsabilización dos TECOR ou ben por medio dos
orzamentos públicos da Xunta. Apostamos pola aplicación dunha política integral
e transversal de xestión do xabarín do medio rural, diversificando as política
forestal, agraria e gandeira para mellorar a sustentabilidade e harmonizar as
políticas produtivas coa conservación da natureza.As solucións deben ser
consensuadas por todas as partes e non como se está a facer na actualidade: o
borrador da nova Lei de Caza contén importantes medidas que están a ser
negociadas e consensuadas co lobby da escopeta.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



