Nota de prensa
ANTONIO VEIGA VISITOU O CENTRO CULTURAL DA ALCÁNTARA, EN MONDOÑEDO
Antón Meilán ofrecía no novo centro unha conferencia titulada “Mondoñedo, berce de escritores”
A Área de Cultura da Deputación financiou o acondicionamento da antiga igrexa da Alcántara con 185.000 euros
MONDOÑEDO, 16 de maio de 2011. O delegado de Cultura e Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, estivo esta fin de semana visitando a Igrexa de San Pedro de Alcántara, que tralas obras de acondicionamento financiadas con 185.000 euros pola Área de Cultura da Deputación de Lugo é o novo centro cultural de Mondoñedo. O alcalde de Mondoñedo, Orlando González, mailo concelleiro de Cultura, Xusto Fernández, guiaron ao delegado de Cultura na súa visita e posteriormente, asistiron á conferencia de Antón Meilán titulada “Mondoñedo, berce de escritores”.
A cidade conta cun novo espazo de exposición e aproveitamento cultural, educativo e turístico das figuras artísticas máis importantes da historia de Mondoñedo: Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Pascual Veiga, Cunqueiro ou o mestre Pacheco e os mestres de capela. Como indicou Veiga, “a igrexa agora está chea de contido e dáselle un valor cultural engadido, que suporá un grande beneficio para concello de Mondoñedo”. A igrexa está desacralizada, é de propiedade municipal e xa tivo historicamente unha vinculación co uso cultural do seu espazo, especialmente no ámbito musical. S. Pedro de Alcántara aparece citada en varios escritos históricos como “Teatro da Alcántara”, polo que reconvertela para uso sociocultural confírmase como unha iniciativa moi positiva.
O centro reúne o patrimonio literario e cultural de Mondoñedo, e está entendido de dúas maneiras: por unha banda, como centro contedor que se empregará para expoñer fondos e recibir visitantes, e ao mesmo tempo un centro produtor de contidos e promotor de actividades de divulgación, de cara á apertura á sociedade. Polo tanto, a oferta expositiva e cultural terá carácter permanente, e as iniciativas que se xeren no novo centro xogarán un papel importante en beneficio do desenvolvemento e dinamización cultural, social e económica de Mondoñedo.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



