Nota de prensa
*Viveiro 26 maio 2011*
**
Dende a Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, unha vez
finalizado o proceso electoral, queremos deixar constancia do noso
_agradecemento a aquelas formacións políticas que tiveron a ben interesarse
polas nosas inquietudes e necesidades de presente e futuro._
__
__
_E pois o momento de dar as grazas o BNG e o PP por ter solicitadas entrevistas
coa Directiva do CCCHV e o mesmo tempo dar a coñecer os nosos sociose veciños os
compromisos adquiridos por parte de ambas formacións entorno ó que creemos son
as principais necesidades que nos estamos encontrando e nos vamos a encontrar._
__
Dende o *Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro* entendemos que se trata de
tres necesidades básicas con tres actuacións distintas:
-*Prazas de Aparcamento.*
-*Zona de Ocio e Servizos*
-*Porto Deportivo.*
Apreciamos que e fundamental para o futuro do comercio de Viveiro dar unha
*_solución a longo prazo o grave problema de aparcamento de vehículos que ten
Viveiro_* tanto en número de prazas como en calidade das mesmas. A situación que
se está a dar a día de hoxe non é propia dunha localidade co potencial comercial
de que dispón Viveiro, escaso número de prazas de aparcamento, alonxadas do
núcleo monumental (peonil) e de escasa calidade (actualmente o peirao está a ser
utilizado como zona de aparcamento sen apenas regulación algunha). Consideramos
pois que unha solución de futuro o problema de aparcamento que sufrimos en
Viveiro sería a construción dun mínimo de 500 prazas de aparcamento que poderían
ser subterráneas e de superficie,sería unha ubicación ideal a ocupada
actualmente polo peirao de Viveiro para a construción dun aparcamento
subterráneo frente o principal núcleo comercial de Viveiro.
Aspecto este destacado no Estudio de Situación elaborado pola*consultora*
*DELOITTE* para o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro coa colaboración
da Dirección Xeral de Comercio, no que se destaca como unha das súas conclusións:
/“//En cuanto a las infraestructuras, el *deficiente acceso por carretera *a la
villa y la *inexistencia de un aparcamiento público *en el casco urbano son los
dos aspectos principales que deberían ser objeto de mejora.”/
En relación co *_Porto Deportivo_*, e básico que se modifique asituación de
provisionalidade actual, na que non se está a dar un servizo cun mínimo estándar
de calidade, polo que sen dúbida se vería como un gran acerto unha actuación
ambiciosa para converter o porto deportivo nun referente náutico/turísticoo
tempo que un motor económico para Viveiro. Dentro destas posibles actuacións
destacamos:
-Zona de atraque temporal no actual peirao de Viveiro, de xeito que as
embarcacións en tránsito poidan realizar un atraque o máis próximo posible e de
curta duración o casco histórico de Viveiro.
-Creación dunha nova zona de amarre frente o peirao de Viveiro con acceso dende
Covas, instalacións que se poderían conectar coas actuais mediante unha pasarela
elevada dende o paseo marítimo de Covas e o Porto Deportivo.
-Construción de servizos propios dun porto deportivo de calidade ( surtidor de
combustible, edificio de servizos, punto de información, punto limpo, cafetería,
conexión a internet, posta en funcionamento do Posto da Garda Civil, etc).
No caso dos espazos de superficie, que ocupe o posible aparcamento subterráneo
ou outros espazos adxacentes, estes poderíanse destinar a *_zonas de ocio e
servizos múltiples_*.
Dado que Viveiro xa conta cunha oferta comercial notable tanto en número como en
diversidade, vemos como moi interesante a posible instalación de locais de ocio
que poidan complementar a actual oferta. O mesmo tempo se poderían destinar
determinados espazos a zona de _servizos múltiples_ de xeito que estes espazos
podan ser utilizados tanto para a celebración de feiras, como eventos culturais
o aire libre, concertos, etc, deberíase pois contemplar a posibilidade de que
esta zona estivese preparada para ser cuberta, polo menos parcialmente, ante
posibles eventos ou actividades puntuais**de xeito que puidese ser utilizada
todo o ano.
Debemos deixar claro que a _intención destas *suxerencias* é unicamente poñer en
coñecemento de todos os nosos asociados e veciños de Viveiro, as inquietudes do
*Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro *en canto as posibles actuacións
sobre o Porto de Viveiro, ofrecendo unha vez máis todos os nosos esforzos en
prol de lograr un proxecto de futuro que poda ser un referente en actuacións
marítimo/portuarias vinculadas a zonas comerciais como e o caso de Viveiro, así
como intentar conseguir un compromiso por parte de todas as forzas políticas
presentes no Concello de Viveiro en prol de conseguir dar unha resposta de
futuro a estes tres aspectos plantexados._
__
Reiteramos pois o noso agradecemento o BNG e o PP por ter en conta a opinión do
Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro integrando as nosas inquietudes e
propostas nos seus programas de goberno, esperando que estas podan ser postas en
marcha coa colaboración de todos.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



