Nota de prensa
JOSE BELDA IMPONSE EN RIOTORTO E FAISE COA IV VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS DE LUGO
O corredor do Asfaltos Guerola-Valencia Terra i mar gañou a IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo tras entrar na meta de Riotorto no grupo de escapados cunha vantaxe de 42 segundos sobre os perseguidores
Sergey Belykh, do Lokomotiv, foi o segundo na clasificación xeral, e ademais gañou nas clasificacións individuais de Sub-23 e de montaña, e máis a xeral por equipos
LUGO, 6 de maio de 2011. O corredor do Asfaltos Guerola-Valencia Terra i Mar, José Belda Mira, é o gañador da IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, que recibiu o maillot azul e branco da Área de Deportes da Deputación da man do deputado nacionalista, Antonio Veiga, tras entrar na meta de Riotorto no grupo de corredores escapados, na etapa que venceu ao sprint Antonio Olmo. Na clasificación xeral individual completaron o podio na segunda posición o corredor ruso do Lokomotiv, Sergey Belykh, que ademais gañou a clasificación dos Sub-23 e a clasificación da Montaña, e en terceiro lugar da clasificación xeral individual colocouse Raúl García de Mateos, do Froiz.
A clasificación xeral por equipos tivo un dominador, o equipo ruso do Lokomotiv, que desde a primeira etapa conseguiu situar aos seus corredores en postos de privilexio para rematar acadando o primeiro posto da clasificación xeral por equipos, disputándolla de preto ao Caja Rural, e onde o equipo galego do Supermercados Froiz acadou un meritorio 3º posto, completando o podio.
Por outra banda, hai que salientar que na clasificación individual para o premio aos corredores galegos impúxose Aser Estévez, do equipo galego Froiz, que superou con claridade aos seus rivais para manterse na cabeza da proba entre os corredores do país galego. Na clasificación individual por puntos, que premia a regularidade, o vencedor foi Micael Isidoro, do Loulé portugués, mentres que o triunfo nas metas voantes foi para Daniel Omar Juárez, do Construcciones Paulino de Asturias.
Afeccionados, ciclistas, persoal dos equipos participantes e responsábeis de medios de comunicación quixeron trasladar os seus parabéns á organización polos magníficos resultados que acadou a proba, que se vai consolidando e gañando relevancia como unha proba xa importante en Galiza e no Estado. Neste camiño encomiaron o traballo da Vicepresidencia Primeira da Deputación, que dirixe o nacionalista Antón Bao, ao que emprazaron a seguir traballando do xeito en que o está a facer para achegar un deporte coma o ciclismo ás comarcas lucenses a través de probas tan exitosas coma esta IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo.
CLASIFICACIÓN XERAL FINAL
1º- Jose Belda Mira (Asfaltos Guerola-Valencia) 09:95:46
2º- Sergey Belikh (Lokomotiv) a 23 seg.
3º- Raúl García de Mateos (Froiz) a 42 seg.
4º- Antonio Olmo Menacho (Loulé) a 02:20
5º- Micael Isidoro (Loulé) a 02:26























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
