Nota de prensa
A MILITANCIA DO BNG NA MARIÑA VALOROU OS RESULTADOS ELECTORAIS E ESCOLLEU DEPUTADO PROVINCIAL A ANTONIO VEIGA OUTEIRO
Os nacionalistas evidencian que foron a forza política que soubo parar na Mariña o medre electoral do PP
No territorio organizativo do BNG mariñao os nacionalistas medraron mais do dobre que o PP mentres o PSOE perdeu 3.738 votos e 9 edís.
A Mariña, 4 de xuño de 2011. O BNG da Mariña celebrou asemblea comarcal onde se fixo unha valoración dos resultados electorais do pasado 22 de maio concluíndo que foi a forza política que soubo parar o medre electoral do PP. Na mesma xuntanza escolleuse como deputado provincial a Antonio Veiga Outeiro. Os nacionalistas valoraron con relativa satisfacción o medre en 709 votos e 4 actas nos concellos da Mariña en relación aos resultados de fai catro anos, mentres o PP subiu 334 votos e 6 actas e o PSOE perdeu 3.738 votos e 9 actas de concelleiros. As entradas do nacionalismo nos concello de Muras e A Pontenova onde non había representación, a maioría absoluta de Ribadeo e o mantemento das alcaldías Riotorto e Mondoñedo así como o incremento nas representacións de Alfoz ou Xove así como Viveiro onde os resultados condicionan a conformación do goberno local supoñen o cumprimento das expectativas previstas coa única pexa da perda do co-goberno de Burela por un escaso marxe de votos.
O BNG ve cumpridos os obxectivos electorais previstos sendo a forza política que mais medra no conxunto da comarca.
O BNG soubo conter na Mariña as expectativas anunciadas polo Partido Popular para a comarca, medrando en número de votos mais do dobre que os populares e mantendo, a pesar da perda da coalición de goberno en Burela por un estreito marxe de votos, as tres alcaldías existentes, cunha subida espectacular en Ribadeo que permitirá gobernar con comodidade, as de Mondoñedo e Riotorto, onde se incrementou representación, e en Viveiro onde O BNG é decisivo na conformación do goberno local. Ademais os nacionalistas estarán presentes no conxunto dos concellos da comarca coa excepción de Ourol e entran, despois de varios anos fora, nas corporacións de Muras e A Pontenova. A comparativa no número de edís en relación a 2007 fai que o BNG sume 4 actas mais, por 6 do PP e a baixada de 9 edís do PSOE. Aínda así os nacionalistas fixeron fincapé na subida de 712 votos por 336 do PP e a baixada en 3737 do PSOE. Para os nacionalistas a crise económica e a ausencia de solucións por parte do PP no goberno galego que ofrece as mesmas medidas regresivas no campo social que o goberno do estado ofreceron un marco complicado no que o nacionalismo mariñao soubo estar á altura.
Antonio Veiga Outeiro será o deputado mariñao nacionalista na próxima corporación provincial.
Antonio Veiga Outeiro repetirá como deputado provincial nacionalista no territorio da Xunta electoral de Mondoñedo. Os afiliados e afiliadas da Mariña que asistiron á asemblea que ofreceu un resultado de 161 votos a favor, 5 en contra e 4 abstencións, valoraron moi positivamente o seu traballo, dos últimos anos, tanto como deputado portavoz do Grupo Provincial do BNG defendendo iniciativas que formaban parte de demandas e problemáticas xurdidas nestes anos na comarca, como no seu papel como responsábel das Áreas de Cultura e Deportes no goberno provincial que supuxeron un xiro de 180 graos no estilo, contidos e formas de facer política dende a institución provincial.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



