NOTA DE PRENSA
O Partido Popular de Cervo critica que agora desde a Xunta condicionen a posta en marcha desta gran área industrial a constatación de que existe demanda empresarial suficiente e lembran que falar disto é un retroceso tendo en conta que o anterior Executivo autonómico xa aprobou un plan sectorial para levar adiante este polígono, unha vez verificada a súa viabilidade e influencia positiva no conxunto da comarca
OS POPULARES ASEGURAN QUE AS PALABRAS DO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA EN RELACIÓN CO CINTO INDUSTRIAL DE ALCOA “NON SUPOÑEN NINGÚN PASO ADIANTE”
* Desde a formación popular cervense acusan a Xunta de Galicia de escudarse condicionantes sen sentido para agochar a súa falta de vontade política, todo para evitar que os electores poidan castigar a uns partidos que obstaculizan un proxecto de interese estratéxico, capaz de atraer novas empresas e máis e mellores postos de traballo.
Cervo, 09 de xaneiro de 2009.- Os populares cervenses aseguran que as palabras do Conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernándo Blanco, en relación co cinto industrial no contorno de Alcoa non supoñen ningún paso adiante, posto que non permiten observar unha implicación real ou un compromiso explícito para facer realidade esta gran área industrial que todos os axentes sociais e económicos demandan. O titular do departamento autonómico de Industria que, o pasado mércores visitou a localidade de Cuiña (Cervo) deu a súa palabra para levar adiante a creación deste reclamado solo industrial pero condicionou o seu apoio a que se demostre que existe demanda empresarial suficiente. Precisamente este condicionamento é o que sirve aos populares cervenses para sustentar a súa crítica: Pasamos de ter un proxecto sectorial aprobado e avalado por un estudo de viabilidade a que o actual Executivo galego o deixara sen efecto, para agora condicionar a súa posta en marcha a que demostremos que existen empresas interesadas nese solo. “Camiñamos cara atrás, en sentido inverso ao que deberamos facelo. O que ten que existir é un compromiso político e unha vontade de querer facer medrar á Mariña sen tantos condicionantes”
Segundo os populares cervenses o actual Goberno bipartito non ten vontade política de levar adiante o cinto industrial de Alcoa. Todo iso pese a que calquera pode entender que dispoñer dunha gran área industrial destas características serviría de imán capaz de atraer non só novas empresas se non tamén máis e mellores postos de traballo, algo que precisamente non escasea neste tempo de crise. Polo tanto, A Xunta escuda a súa falta de compromiso nunha multitude condicionantes cos que pretenden evitar posicionarse en contra deste cinto industrial agora que a cita coas urnas está próxima, e os electores poden castigar a un Goberno como o galego que lonxe de poñer en marcha proxectos de interese estratéxico para o conxunto da Mariña os está a paralizar.
MÁIS CA UN INTERESE MUNICIPAL
O Partido Popular de Cervo mantén a súa reclamación: É preciso dispoñer dun novo cinto industrial non contorno de Alcoa. Ofrecer solo a uns prezos razonables e nun emprazamento ideal para aquelas empresas que queiran operar na Mariña. Nesta liña insisten desde o PP de Cervo en que a importancia da creación do cinto industrial de Alcoa supera o interese municipal, e beneficiaría ao conxunto da comarca e non só aos concellos de Xove e de Cervo.
INCONGRUENTE POSICIÓN DOS NACIONALISTAS
Non entenden desde o PP local a incongruente posición das áreas nacionalistas da Xunta que por un lado reclaman a través dunha manifestación a apertura do dique norte de Alcoa e polo outro, a través da consellería de Vivenda, deixan sen efecto o proxecto sectorial que faría realidade esta gran área industrial. “Xa nos explicarán en que solo teñen previsto instalar ás empresas que fagan uso no futuro do dique norte de Morás”.
PALABRAS QUE SE LEVA O VENTO
Finalmente os populares de Cervo lembran ao Conselleiro de Industria e ao resto dos seus compañeiros de Gabinete na Xunta que os compromisos dun Goberno se demostran nos orzamentos e no DOGA. As contas autonómicas para 2009 nin tan sequera achegan un céntimo para o cinto de Alcoa e o Diario Oficial de Galicia tan só fai referencia ao polígono sumpramunicipal de Cervo e Xove para dar conta da súa supresión, dentro do Plan Sectorial de Parques Industriais de Galicia. Nada desto cambiou hoxe e as palabras, sen feitos, as leva o vento.
















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



