Nota de prensa:
DENDE O BNG ESIXIMOS EXPLICACIÓNS AO GRUPO DE GOBERNO SOBRE A NON ORGANIZACIÓN POR PARTE DO CONCELLO DO IV SEMINARIO DE JAZZ
Dende o BNG queremos pedir explicacións ao grupo de goberno do PP de Burela pola non organización, a última hora, do IV Seminario de Jazz que ía ter lugar dentro duns días na nosa vila. Despois de tres edicións anteriores moi exitosas, tanto polo número de participantes como pola repercusión social que este curso tivo en Burela e na comarca da Mariña, agora terá que ser unha Asociación a que organice este Seminario ante a negativa do Concello a facelo.
Levamos xa uns días recibindo as queixas das persoas que, un ano máis, querían participar neste curso que xa convertera a Burela nun referente do ensino da música moderna. O prazo de matrícula xa estaba aberto dende había tempo, ao redor de 30 persoas xa aboaran as taxas municipais para participar no Seminario, o profesorado que ía impartir este curso xa estaba contratado… e agora resulta que o Concello se desentende do tema, alegando cuestións económicas (curiosamente para este curso de jazz, non para outros de musica), e non dando ningunha posibilidade de celebración deste Seminario.
Queremos explicacións de por que o Concello non comunicou publicamente que renunciaba á organización do IV Seminario de Jazz cando xa estaban pagadas moitas das matrículas para participar nel e había máis persoas pendentes de formalizar a súa matrícula que non sabían que facer porque dende o Concello non se daba ningunha explicación sobre se ía haber Seminario ou non.
Á vista de que o Seminario de Jazz xa non vai ser un curso da Escola Municpal de Música, organizado polo Concello, quixeramos saber, entón, cal é a programación de actividades da Escola para este verán ou simplemente saber se vai estar pechada ao público durante os meses de xullo e agosto, sen ningún tipo de curso.
Cremos que non é maneira de proceder suspender este curso de música sen dar ningún tipo de explicación ás persoas que xa estaban matriculadas, sen explicar por que esta actividade non se vai celebrar. E teñen que ser a Concelleira de Cultura e o Alcalde os que expliquen publicamente a súa actitude de menosprezo cara estas persoas e cara o pobo de Burela que verá como, este ano, o IV Seminario de Jazz vai ser organizado por unha Asociación ante a negativa do Concello a apostar por esta actividade musical e social que enchía o noso pobo durante uns días.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



