A REVISTA “ BOLANDA”
P
resentouse na Casa da Cultura de Foz o Nº 2 de “Bolanda”, revista da Asociación Cultural A Pomba do Arco, que se inícia cun “Canto de presentación” que dí: “ Aos pobos pásalles como aos seres humanos: o último que perden é a dignidade. Unha vez que a perden deixan de ser”.Nela o historiador Xoan Ramón Pacio, presidente de A Pomba, fai un estudo encol da fidalguía focega e do vínculo herdeiro da Casa Grande de Marzán, con escudo de armas, dende o ano 1395 e a súa relación e vínculos coas casas do Fiscal de Nois, os Osorio Rebellón e As Abelairas de Cangas.
Javier Rivera en “A caza da balea en Nois” conta que éste uníuse co porto de Foz (1609) para desenvolver dita pesca na Idade Media, “por en cuanto entre nós ha habido muchos pleitos y diferencias sobra la caza de dichas ballenas”.e da industria do salgado, da que existen restos testemuños da mesma. A orixe do pobo, agrario e pesqueiro, pérdese na lenda.
Antón Niñe asina “A escola de Fondós”, na que é especialista, pois que o leva estudando con agarimo dende hai tempo. Convertida en gardería , foi creada en 1749 por Pascual Villapol, emigrado en Perú. Rechamantes as normas que dicta para a vida da escola, e as distintas funcións que acolleo aquel edificio que mesmo chegou a ser o cárcere do concello. De Villapol, único fillo de Foz que, dende a emigración, favoreceo ó seu pobo. ó dotalo dun importante medio cultural, en tan míseros tempos, nen unha humilde rúa lembra o seu nome..Cando os gobernantes locais deron en pensar, puxeron unha a Mikael Gorvachov.¡Xenial! É sabido: cando os políticos pensan hai que tremer. Fano poucas veces, iso é verdade.
Luis Cordeiro, onomástico de entrañable resoancia, arqueólogo, fala das sondaxes en San Martiño; Ramón Ermida e Mónica Pazos tran á memoria a figura miúda dun histórico do ensino, don Manuel Lugilde, e Ramón Eiras conta a brilante historia do Baloncesto local.
Un fermoso poema de Baixeras e, para muitos, o descobremento do Caxigueiro poeta, pechan o contido da revista pola que felicitamos á Pomba do Arco, cada unha de cuxas iniciativas son un exemplo de bó facer. O deseño e maquetación, a pulcritude da impresión e a ilustración, impecables.
Suso Fernández

















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



