Nota de prensa
A ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DO CNR APROBOU OS PRESUPOSTOS DE 2011 QUE ASCENDEN A 344.000 EUROS. MARIO COTO SUBLIÑOU QUE SE TRATA DUNS ORZAMENTOS RESTRINXIDOS E ADAPTADOS AOS TEMPOS QUE CORREN.
Ribadeo, 19 de xullo de 2011. A Asamblea Xeral Ordinaria do Club Náutico de Ribadeo aprobou os presupostos de 2011 que ascenden a 344.000 euros. Segundo o presidente, Mario Coto, trátase dunhas contas restrinxidas e adaptadas aos tempos que estamos a vivir. Destacou que neste momento o CNR non lle debe nada a ninguén e lembrou que “cando esta directiva tomou posesión o Club tiña unha débeda de 76.000 euros”.
Mario Coto fixo un balance positivo da Asamblea Xeral Ordinaria celebrada na tarde-noite de onte, “desarrollóuse con normalidade, entre todos comentamos as diferentes operación e proxectos que temos en marcha e aprobáronse todos os puntos do orde do día”. Así foi aprobado o presuposto deste exercicio, de 2011, que ascende a uns 344.000 euros. O presidente do CNR dixo que “se trata dun orzamento ceñido e restrinxido, adaptado aos tempos nos que estamos. No peche de 2010 o Club Náutico tivo un certo desfase de 35.000 euros, debido a que tivemos que facer fronte ao pago dunha débeda de 46.000 euros que había con Portos e que herdamos cando nós chegamos á xunta directiva. Esa débeda está totalmente saldada, pero foi esa operación a que nos levou a ese desfase presupostario porque non contabamos amortizar tanto, pero tivemos que facelo porque senón tiñamos que pagar moitos intereses de demora”. Mario Coto lembrou que “a directiva cando chegou ao Club Náutico de Ribadeo atopóuse cunha débeda de 78.000 euros e neste momento non se lle debe nin un só céntimo a ninguén e aínda temos unha pequena caixa de resistencia, como se soe dicir”.
Proxectos
O presidente do Club Náutico de Ribadeo déulles conta aos socios dos proxectos que se levarán adiante nos vindeiros tempos. Mario Coto referíuse “ao tan recalcado e reclamado peche da bocana por parte dos socios e pola directiva do CNR porque alí un problema cuns pantaláns. Esa obra váise facer moi pronto porque dragarase o porto de Mirasol e xunto con eses traballos irán éstes nosos, segundo compromiso do señor Álvarez-Campana, presidente de Portos de Galicia. Tamén se vai independizar a zona da marina seca dos accesos aos pantaláns que hai alí, co obxectivo de evitar accidentes innecesarios. Os socios terán un acceso independente e non terán que facelo pola zona na que se están a reparar os barcos. Conseguimos que Portos nos faga a obra, que xa está presuposta, aprobada e agardo que dea comezo pronto”. O presidente do CNR tamén anunciou que “en breve empezará o pintado do edificio do Club Náutico e a reparación dos ventanais… é decir a remodelación exterior das nosas instalacións. Tamén falamos dos almacéns dos pescadores e dos plans que temos para aquela zona en canto os cambien de sitio, queremos facer alí un circuito de negocios, como xa contamos en varias ocasións”.
Restaurante
Coto contóulles que “en breve, en outubro, sacaremos a concurso a adxudicación do restaurante que estará ubicado na parte superior do edificio do CNR. Trátase dun proxecto que temos autorizado por Patrimonio, que é quen ten que autorizar a obra”. E subliñou que “temos peticións de hosteleiros que lle ven futuro a ese negocio, as vistas son magníficas, o proxecto é costoso, pero nós tamén estamos a facer un traballo importante desde a directiva. Non o vamos sacar a adxudicación ata que non teñamos firmado a ampliación da concesión das nosas instalacións entre 30 e 50 anos. A que temos adxudicada agora remata dentro de 9 anos, é prorrogable, pero serao cando se firme”. Mario Coto considera que “a inversión que se vai facer con este establecemento require ter como mínimo 30 anos de concesión para que o amortice a persoa que o colla e para que obteña un beneficio. Estamos a falar duns 350.000 euros como mínimo de inversión entre obra e instalación e terá que pagar un alquiler de renda ao Club Náutico e tamén os seus tributos, por eso penso que debemos conseguir a ampliación da concesión por ese período de tempo, de 30 a 50 anos. Temos tres peticións de hosteleiros interesados en facerse coa adxudicación dese restaurante, dous de Ribadeo e un que é de fóra, pero que é socio ao mesmo tempo. Nós cremos no futuro desa instalación”.
A Asamblea Xeral Ordinaria rematou preto das doce da noite co capítulo de rogos e preguntas. Neste sentido Mario Coto dixo que “atenderemos todas as peticións lóxicas, hai algunha inviable, pero tentaremos satisfacer moitas das realizadas”. O presidente do Club Náutico de Ribadeo ten intención de facer as seguintes Asambleas Ordinarias durante o seu mandato a principios de ano.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
