NOTA DE PRENSA
A PEGADA GOLEADORA DE VÍCTOR CACHÓN AFÉRRASE Á MARIÑA
A pegada goleadora de Víctor Cachón, a do pichichi laranxa 2010-11, aferrarase á Mariña unha tempada máis despois de formalizar a súa continuidade coa entidade burelista. O xogador andaluz, de 24 anos, convértese na segunda renovación do Burela FS 2011-12, tras o capitán, Juanma, nun conxunto que estreará a Quique García para dirixir o banco laranxa.
Acompañado polo directivo do club burelista Antonio Rodenas, o ala-pivote zurdo volveu amosarse tan ilusionado como o primeiro día: “Hai un ano cheguei a Burela coa ilusión de xogar o primeiro play off da miña vida. Despois de pasar un excelente ano non dubidei nin un só momento en seguir aquí”. “Sería moi precipitado marcar obxectivos moi concretos para 2011-12, pero na liña en que se está perfilando o cadro, entre renovacións e xogadores que aínda teñen contrato e algún posible reforzo, poderemos ter moitas posibilidades” vaticinou Víctor Cachón, que tamén declarou a súa entrega total para beneficio do equipo “intentando dar incluso máis do que poida”.
“Xuventude, dedicación, traballo e, sobre todo, optimismo son calidades que fan de Víctor Cachón un xogador cun proxección envexable” dixo Antonio Rodenas facendo fincapé “na capacidade do xogador para superar unha lesión complicada o inverno pasado e chegar ao tramo final da tempada en perfecto estado”.
Baixas. Adriá Esteller, que cumpriu o seu ano de contrato en 2010-11, non continuará vinculado ao club burelista a vindeira tempada. O xogador catalán, de 26 anos, recalou no Burela FS con ampla experiencia na División de Prata, tras un exercicio no que alternou o fútbol sala español, no Playas de Castellón, e o italiano, no GS Giovinazzo (Serie A2). O que tamén causará baixa nas filas mariñás para 2011-12 será o ala-peche gaditano David Richarte, Paleta, que rematou a pasada campaña no Superti-A Pontenova, de Primeira Nacional A, tras o acordo acadado co club laranxa no mercado de inverno.
O CD Burela FS agradece o traballo de ambos os xogadores durante a súa etapa na Mariña e deséxalles sorte na súa carreira.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
