Nota de prensa:
O PRIMEIRO PLENO ORDINARIO DO PP DE BURELA É UN MERO TRÁMITE
O novo equipo de goberno vive das rendas deixadas polo anterior goberno e non aporta nada novo,
Despois de criticar en numerosas ocasións ao anterior goberno municipal dicindo que os Plenos carecían de contido e que eran meros trámites, agora o PP gobernando Burela, despois de mes e medio de mandato, non é capaz de presentar ningún proxecto ilusionante nin ningún asunto de calado: limítase a levar asuntos de obrigado cumprimento neste mes de xullo ou presentar como ideas súas asuntos que xa se estaban desenvolvendo no anterior goberno municipal.
E como proba do que dicimos aí está a orde do día do Pleno que terá lugar hoxe xoves.
Un punto para dar conta da execución do orzamento e do estado da tesourería, un punto de dación de contas obrigado neste mes de xullo.
Outro punto para aprobar inicialmente a ordenanza reguladora sobre creación de ficheiros con datos de carácter persoal, un tema que botamos a andar no anterior goberno porque, a pesar de ser a Lei de protección de datos unha lei aprobada xa hai moitos anos, o PP nos anteriores gobernos municipais nunca nada fixera neste tema, tivemos que botalo a andar nós (por non facer nada, o PP nin facía copias de seguridade dos datos dos ordenadores do propio Concello),
Un terceiro punto que vai a Pleno é aprobar a Conta Xeral do ano pasado, do 2010, que xa fora aprobada inicialmente en maio na Comisión de Contas e que se leva agora á ratificación no primeiro Pleno ordinario que se celebra dende aquela. Por certo, esta Conta Xeral de 2010 vai ser aprobada por unanimidade, é dicir, o PP dá o seu visto bo ás contas municipais do ano pasado… tan mal, pois, non debían de estar, a pesar de todo canto falou o portavoz popular sobre “furados negros” e pouco menos que “bancarrota”.
E por último, tamén vai a Pleno un tema que tampouco é novidoso porque xa levabamos no anterior goberno algúns meses traballando nel, tal e como informaramos dende a Delegación de Comercio: a nova ordenanza que regula a apertura de establecementos comerciais.
O que si é novidoso, chocante e, cáseque, ególatra, é atribuírse o PP a autoría desta medida dicindo que así cumpre o seu programa electoral. Porque a aprobación desta ordenanza é, cando menos, obrigada para os concellos en virtude dunha Directiva europea do ano 2006, regulada posteriormente en España por unha lei de 2009 e máis concretada en Galiza pola Lei de comercio local galega do ano pasado.
E todas estas leis veñen a dicir que, para facilitar o establecemento de actividades comerciais, hai que eliminar trabas administrativas e que as actividades comerciais que non precisen un informe superior de impacto ambiental estarán exentas da obtención de licenza municipal, bastando para o inicio da actividade a presentación dunha comunicación ou declaración responsable no Concello.
Polo tanto esta ordenanza o que regula é iso e establece unha taxa para a tramitación de todo o expediente de verificación municipal sobre a legalidade dos requisitos da activiade, taxa que supón un aforro económico con respecto á anterior taxa de licenza de actividade.
En resumo, un Pleno “cargado de contidos” que reflexa o “grande” traballo que leva feito o novo goberno do PP en Burela, é dicir, cero patatero.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



