AS MARCAS DOS NOSOS POBOS
As cidades, anque sexan pequenas como Viveiro e Mondoñedo, e os povos, son espazos de convivencia, caixóns da memoria, laboratorios de arquitectura, viveiros de novas ideas, deseñadores de micro-relatos, talleres de talento, enxames de desigualdades, portas de entrada e de saída, utopías en ferro candente, coreografías de 9 en 5, vistas do horizonte, decorados dun bico. As cidades son tamén marcas. Xa saben que unha marca é a forma como as persoas perciben un produto ou unha organización. Que lles suxire Viveiro?. E Burela?. E Foz?. E Ribadeo?.
Actuar sobre a marca urbana quere dicir actuar sobre a percepción da cidade, os atributos que os residentes e os non residentes asocian ao espazo urbano. Traballar na marca urbana quere dicir suxerir os adxectivos que se adhiren ao nome da cidade: decadente, comercial, mestiza, ruidosa, sostible, dinámica, burguesa, festiva, misteriosa, sorprendente, onírica, turbia, ignota. Como sé deseñan os adxectivos urbanos?. Os residentes e os visitantes perciben a mesma cidade?. Cales son os ferramentas de mercadotecnia urbana máis eficaces?. Que modelos son un bo referente?.
Seria bó e xeneroso que expertos e sectores implicados no desenrolo de a nosa bisbarra aportaran moitas claves a alcaldes e concellais de numerosas corporacións municipais para que poidan mellorar a súa comunicación e poidan dotar de valor ás marcas das súas cidades. Ou crealas, como no caso de A Mariña se aínda non as teñen.
Dende visións máis próximas á mercadotecnia, vou poñer un exemplo: Imaxinemos que Pep Guardiola na celebración da Champións no Camp Nou tivese invitado a Obama a ver bo fútbol no Camp Nou. Obama ten dúas fillas que xogan a futbol e dixolle a Zapatero que quería vir á Barcelona. Que impacto tería para a marca Barcelona unha visita do presidente Obama á cidade e ao campo do Barça? Incontable. Pois eso e crear un bo márqueting de Cidade e ademais por moi poucos cartos, que nos tempos que corren é moi importante.
Otero REGAL



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



