Nota de prensa:
Marisol Soneira reclama a comparecencia da Conselleira do Mar no Parlamento
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE O 40% DA AMEIXA FINA QUE SE TRASLADOU AO NOVO ASENTAMENTO DE MORÁS (XOVE) MORRE NOS PRIMEIROS 5 DIAS
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira cualificou esta decisión “de auténtico despropósito”, e de “ocorrencia”
– Dixo “que si as principais confrarías afectadas non están de acordo, si as empresas acuícolas da zona tampouco, si os depuradores non acaban de ver a bondade de semellante ocorrencia, que intereses moven a Xunta de Galicia a meterse neste rocambolesco asunto”
– A deputada emprazou ao Goberno de Feijoo “a abordar dunha vez por todas os graves problemas de contaminación que sofren as nosas rías”
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrou unha petición de comparecencia parlamentaria da Conselleira do Mar para que de explicacións sobre as razóns polas que tomou a decisión de reinstalar os moluscos procedentes de zonas “C” en Morás (Xove), e en que mellora esta medida a saúde medioambiental das nosas rías afectadas por contaminación, a creación de emprego e a renda das mariscadoras e dos mariscadores.
Soneira cualificou esta decisión “de auténtico despropósito”, e de “ocorrencia”.
Advirte que o Grupo Parlamentario Socialista Político dispón de información, na que se pode constatar “que o 40% da ameixa fina que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”.
E preguntouse “en que quedaron as roldas de prensa e os anuncios medíaticos dos Conselleiros Rosa Quintana e de Agustín Hernández comprometéndose a sanear integralmente as rías galegas?”, replicou. E insistiu nas súas criticas “que foi das xestións que ía facer diante da Comisaria Damanaki para que a UE autorizase a comercialización dos bivalvos de zona C, previa a súa depuración”, proclamou a deputada.
A portavoz de Pesca dixo “que si as principais confrarías afectadas non están de acordo, si as empresas acuícolas da zona tampouco, si os depuradores non acaban de ver a bondade de semellante ocorrencia, que intereses moven a Xunta de Galicia a meterse neste rocambolesco asunto”, espetou.
Plan de saneamento integral
A deputada emprazou ao Goberno de Feijoo “a abordar dunha vez por todas os graves problemas de contaminación que sofren as nosas rías, xa que non teñen capacidade algunha de iniciativa”. E pediulle que rescate “o Plan de Saneamento Integral das rías deseñado por Pachi Vázquez na pasada lexislatura” .
E resumiu “ou solucionan este problema, agora que aínda temos fondos europeos, ou corremos o risco de que as zonas “C” non solo non se reduzan se non que vaian en aumento”.
Iniciativas Parlamentarias
Por ultimo lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista xa presentou diversas iniciativas no Parlamento para que a Conselleira dea explicacións sobre esta “ocorrencia”, e para que explique as razóns que a levaron a por en práctica esta iniciativa que non vai a contribuír a solucionar os problemas de contaminación das rías nin a mellorar as condicións de traballo dos mariscadores.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



