Nota de prensa
“Marisol Soneira é a menos indicada para falar de amistades perigosas e da dimisión de ninguén, xa que ela debera ter marchado fai tempo pola súa complicidade na causa fraudulenta da axente electoral” indica o voceiro do Mar, Balseiro Orol
O GRUPO POPULAR DEFENDE O LABOR DA CONSELLERÍA DO MAR QUE TRATA DE “XESTIONAR E NON SUBSIDIAR” PARA RECUPERAR O EMPREGO E A ACTIVIDADE MARISQUEIRA
• Balseiro Orol lembra que hoxe non se estaría falando da necesidade da reinstalación de moluscos procedente das zonas C, se non fora porque o anterior goberno bipartito non solicitou a moratoria na entrada en vigor desta normativa restrictiva tal e como lle pediu repetidamente o PP
• Os populares lembran que o bipartito xerou unha situación de discriminación inxusta entre os afectados polas zonas C, xa que só algúns deles recibiron axudas por valor de 58 millóns de euros por non mariscar, mentres que agora o que se propón é recuperar a actividade marisqueira en condicións de igualdade para todos
Santiago, 9 de agosto de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro Orol, defendeu a xestión que está a desenvolver a Consellería do Mar fronte ás críticas da oposición . Destacou o esforzo que vén realizando o departamento que dirixe Rosa Quintana para “xestionar e non subsidiar” para recuperar o emprego e a actividade marisqueira nas zonas C -espazos nos que a normativa europea prohíbe a comercialización de mariscos bivalvos en fresco-, e ante os que o anterior goberno de PSOE e BNG tan só foi capaz de ofrecer o paro forzoso destes traballadores do marisqueo e condenalos ao subsidio permanente.
José Manuel Balseiro lembrou que hoxe non se estaría falando da necesidade da reinstalación de moluscos procedentes das zonas C se cando PSOE e BNG gobernaban Galicia, na anterior lexislatura, fixeran os seus deberes na defensa do sector marisqueiro. Daquela, o bipartito negouse a solicitar -pese ás reiteradas peticións do PP no Parlamento- a moratoria na entrada en vigor desta restrictiva normativa europea sobre marisqueo e a pesar de que a Xunta popular anterior ao bipartito lle deixou toda a tramitación desta petición preparada e lle deu conta da necesidade de levala adiante nas xuntanzas preparatorias do cambio do goberno.
“Está claro que os do bipartito preferiron poñer diñeiro sobre a mesa para comprar a paz social, sen ver que condenaban ao sector marisqueiro a ser subsidiado de por vida, en vez de buscar solucións. Nin sanearon as rías, nin buscaron alternativas, nin defenderon os intereses de Galicia. E agora non ten sentido algún que critiquen aos que buscan solucións”- concluíu Balseiro
O voceiro popular do Mar lembrou tamén que a Xunta ten por obxecto rematar cunha situación discriminatoria e inxusta, na que uns mariscadores si se estaban a beneficiar dos máis de 58 millóns de euros que se teñen investido en subsidios por zonas C e outros non recibiron ningunha axuda a pesar de non poder mariscar. En definitiva, Balseiro Orol lembrou que se trata agora de apostar por un sistema igualitario para todas as zonas C, recuperando a actividade marisqueira mediante a promoción dun sistema baseado na depuración natural dos marisco.
INSULTOS E DESCALIFICACIÓNS DE SONEIRA
No tocante ás críticas socialistas, Jose Manuel Balseiro, cualificou como actuación teatral a desenvolvida pola súa homóloga socialista Marisol Soneira, quen, desprovista de argumentos, repite machaconamente as mesmas ideas non exentas de descalificacións impropias dun político e de insultos. Neste sentido sinalou que, precisamente a señora Soneira é a menos indicada para falar da dimisión de ninguén por razón das súas “amistades perigosas, xa que ela debera ter marchado da actividade política fai tempo pola súa complicidade na causa fraudulenta da axente electoral”
A este respecto, Balseiro ironizou sobre os avances que ten acometido Soneira sinalando que “hai un ano pedia o paredón para a Conselleira, agora só que a cesen”, ao tempo que destacaba o impulso que Rosa Quintana e o seu equipo están a dar na busca de solucións á pésima herdanza recibida da súa antecesora, Carmen Gallego.
Balseiro lembroulle tamén aos socialistas que se queren falar de artefactos flotantes perigosos, debería facer memoria, e lembrar grandes episodios xestionados por gobernos socialistas como foron o caso dos bidóns do Casón e co buque Ostedijk, que os socialistas pasearon pola costa lucense, cargado con 6.000 toneladas de fertilizantes en combustión.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



