Nota de prensa:
MALESTAR XERAL E DESCOÑECEMENTO ENTRE AS MÁIS DE OITENTA PERSOAS QUE ACUDIRON Á XUNTANZA INFORMATIVA SOBRE O GASODUTO CONVOCADA POLO BNG EN BARREIROS. OS VECIÑOS AMOSARON O SEU DESCONTENTO COA ACTUACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL E SORPRESA POLAS CONSECUENCIAS FAS AFECTACIÓNS DO TRAZADO.
Barreiros, 10 de agosto de 2011. Máis de 80 veciños participaron na xuntanza convocada polo BNG de Barreiros para faciltiar información sobre o trazado e as afectacións do gasoduto. O encontro desenvolvéuse nos vellos colexios de San Miguel.
Na xuntanza interviron Antonio Veiga, concelleiro do BNG en Barreiros, quen explicou cal fora a tramitación que se seguira ata este momento e asegurou que “o Concello de Barreiros ten coñecemento do proxecto desde primeiros de xullo e xa no Consello de Goberno da Xunta de 14 de abril se lle deu luz verde ao mesmo. Así que non veñan dicindo que o proxecto chegou a finais da semana pasada. Se os particulares tiñan coñecemento do mesmo, tamén o Concello tiña que telo. E se non o ten, denota que existe un problema grande no goberno municipal”.
Tamén interviu Ana Ermida, portavoz nacionalista nese Concello, quen informou sobre as distintas afectacións existentes e cales son as consecuencias das mesmas. A edil do BNG comentou que “o que máis sorprende é que, tal e como se plantexa desde a empresa que levará a cabo o proxecto, as servidumes de paso permanentes, que afectan a un ancho de tres metros ao redor da tubería que transcurra pola finca, non son obxecto de indemnización, xa que non se plantexa coma unha expropiación do dominio, senón simplemente como unha servidume”. Ermida dixo que “isto supón que os titulares das fincas afectadas terán unha serie de limitacións como a prohibición de labores de arada cunha profundidade de máis de 50 cms, a prohibición de construcción, de plantación de árbores ou arbustos altos, a obriga de deixar libre acceso ao persoal encargado do mantemento da instalación, etc… sen recibir ningún tipo de compensación, a priori, por parte da empresa executante”.
Diante desta información os titulares das fincas amosaron grande sorpresa e indignación pola falla de información que houbo ata este momento. Desde o BNG barreirense consideran, ademais, que “o alcalde volve a dar información incorrecta relativa a este asunto. Unha persoa que teña unha finca afectada polo trazado non vai poder seguir utilizándoa normalmente, xa que ten unha serie de limitacións e obrigas que lle impedirán realizar labores ou plantacións que ata este momento podía realizar. Eso é algo que entende calquera persoa e que, ademais, a empresa deixa moi claro cando explica os tipos de afectación no proxecto”.
En canto aos prazos os nacionalistas insisten en que “o prazo que se establece na publicación do BOE son 30 días a partir do 11 de xullo, día no que saiu publicado o proxecto. Na comunicación da que fala o alcalde nas súas declaracións a Consellería establece un prazo dun mes para as alegacións do Concello. Nese prazo o Concello pode alegar o que estime oportuno e, por suposto, o que o BNG solicita na moción presentada é que asuma como propias as alegacións das e dos particulares; pero, da notificación da Consellería non pode deducirse que se amplíe o prazo para alegar para os particulares. En calquera caso, o que está claro é que o prazo para presentar alegacións diante do Ministerio é o estipulado no Boletín Oficial do Estado”.
Recollida de sinaturas
Desde o BNG barreirensa engaden que “o que non serve é o consello de que hai tempo, porque xa se viu noutros procesos similares o que supón deixar pasar as cousas. Nós animamos ás afectadas e afectados a presentar alegacións a título individual e tamén iniciamos unha recollida de sinaturas entre a poboación en xeral para solicitar a modificación do trazado e a súa execución, na medida en que sexa técnicamente posible, por terreos de titularidade pública”. Afirman desde o BNG que “é fundamental que o malestar xeral que puidemos palpar na xuntanza de onte se transmita para que se teña constancia de que hai persoas moi afectadas con este trazado. O lóxico é que se aproveiten zonas de afectación de vías de comunicación, por exemplo, sempre que con isto se eviten prexuízos a particulares”.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



