Nota de prensa:
Balseiro Orol felicitou expresamente aos tripulantes do buque autonómico Sebastián de Ocampo, que na pasada semana evacuaron a un mariñeiro enfermo
O GRUPO POPULAR LOUVA AS TAREFAS DESENVOLVIDAS POLO OPERATIVO DA XUNTA EN APOIO DA FLOTA BONITEIRA E LAMENTA A FALTA DE COMPROMISO DO ESTADO
O voceiro do Mar do PPdeG reitera que o Estado mantén ás súas embarcacións, como é o caso do buque hospital Juan de la Cosa, ou lonxe da área de pesca ou, amarrada en porto participando en actividades protocolarias incluso a pesar de atoparnos en plena campaña
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, louvou as tarefas desenvolvidas polos medios da Xunta dispostos en apoio das embarcacións que participan na costeira estival do bonito e, nomedamente, quixo felicitar á tripulación do buque Sebastián de Ocampo, do servizo de Gardacostas de Galicia, que na pasada semana evacuou a un mariñeiro enfermo que faenaba nun destes pesqueiros de bandeira española.
O deputado popular lamentou non obstante que non se poda esperar o mesmo nivel de compromiso e apoio por parte dos medios navais de titularidade estatal xa que, ou están moi lonxe da zona de pesca da maior parte das embarcacións que participan na campaña, ou incluso están en porto desenvolvendo actividades distintas das de apoio á flota.
JUAN DE LA COSA AMARRADO EN PORTO
Ese é o caso do buque hospital Juan de la Cosa, propiedade do Instituto Social da Mariña (ISM). Os populares denuncian que durante os días 3 e 4 deste mes de agosto, permaneceu en porto participando nunhas xornadas de portas abertas, con ocasión da conmemoración da galerna de 1961. O deputado popular non cuestiona para nada que os medios navais podan participar neste tipo de actos protocolarios, pero lamenta que os responsables do Goberno central prioricen unha xornada de portas abertas á acompañar aos tripulantes que neste momento están en alta mar, participando plenamente na campaña do bonito e que, en calquera momento, poden precisar da súa asistencia.
MÚLTIPLES DEFICIENCIAS NO OPERATIVO ESTATAL
Jose Manuel Balseiro lembrou que esta non é a primeira vez que o Grupo Parlamentario Popular se ve na obriga da saír á opinión pública para esixirlle ao Estado unha maior implicación en apoio dos profesionais do mar e, moi particularmente, dos mariñeiros que están en plena campaña de pesca deste túnido. Xa alertou no seu momento do atraso na convocatoria da xuntanza na que se decide o operativo loxístico en apoio desta flota -que foi convocado polo Estado semanas despois de iniciada a costeira- e denunciou repetidamente a ausencia do buque hospital e do buque da Armada cada vez que deixaban desprotexidos a estes mariñeiros.
Pola contra as embarcacións de titularidade da Xunta, entre os que se atopa o buque Sebastián de Ocampo e os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, -que participan nas operacións máis próximas á costa- están en todo momento alerta ante calquera incidencia que poida reclamar a súa participación nun operativo de emerxencia.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



