Nota de prensa
INFORMACIÓN AOS MEDIOS
O GRUPO DE GOBERNO BOTA MAN DO REFRANEIRO POPULAR PARA REXEITAR AS ACUSACIÓNS DE FAVORITISMO NA CONTRATACIÓN DE TRES NOVOS SOCORRISTAS FEITAS HAI UNS DÍAS POLA VOCEIRA SOCIALISTA
o Aseguran que as criticas de Lara Méndez obedecen “a que pensa o ladrón que todos son da súa condición”
Cervo, 13 de agosto de 2011.- O equipo de Goberno do Concello de Cervo saíu ao paso das acusacións feitas polos membros do grupo socialista local nas que vinculaba a contratación de tres novos socorristas para o servizo municipal de seguridade nas zonas de baño ao “pago de favores a algúns militantes ou simpatizantes do Partido Popular “.
Para os responsables locais, estas afirmacións da concelleira socialista e vicepresidenta da Deputación, deixan ao descuberto “o pouco que que lles interesa aos socialistas a seguridade das nosas praias e das zonas de baño municipais e o moito que lles gusta enturbar a xestión municipal con falsas acusacións feitas dun xeito velado e sen fundamento algún”.
Os membros do equipo de Goberno local recalcaron que o aumento do horario de apertura das piscinas ao aire libre de Río Cobo, xunto cunha maior afluencia de bañistas ás praias neste mes de agosto, fixo que o Concello decidirá contratar a tres novos socorristas no que queda de verán para reforzar o servizo de vixilancia nas zonas de baño do termo municipal, ao tempo que rexeitaron de xeito tallante as insinuacións de Lara Méndez de ter feito estas contratacións por vinculacións políticas.
“Parécenos de moi mal gusto esas afirmacións da voceira socialista. Na pasada lexislatura xa nos ten amosado en bastantes ocasións a súa forma de facer política e polo que vemos, vai seguir esa mesma liña, a pesares de que os veciños xa lle deixaron bastante claro nas eleccións municipais o que opinaban sobre a súa xestión en favor deste municipio. En todo caso, se realmente a señora Méndez, ou os seus compañeiros de partido teñen dúbidas ao respecto da filiación política dos tres socorristas contratados polo Concello, sería bo que se dirixiran a eles para que disiparan todas esas elucubracións que fan sen fundamento algún en público e despois lles pediran perdón” aseguraron os responsables municipais cervenses, e engadiron que “vindo de onde veñen estas criticas, non podemos máis que acudir ao refraneiro popular e utilizar ese dito de «pensa o ladrón que todos son da súa condición» para tentar entender esas insidiosas calumnias e difamacións malintencionadas verquidas polos socialistas contra o concello e contra os tres contratados”.
Demostrar con feitos
Por último, os representantes do equipo de Goberno municipal esixíronlle á voceira socialista e responsable da Deputación maior dilixencia en asuntos de interese para o municipio e que dependen da institución que ela representa. “Se realmente está tan interesada en facer algo polo concello sería bo que nos dixera se a Deputación vai ou non a prolongar o plan Lugo Emprega, ou cando teñen pensado acometer as tarefas de mantemento e limpeza das estradas da súa competencia, posto que estamos a finais de verán e estes traballos que normalmente se fan a finais de primavera aínda non se teñen feito en ningunha das estradas provinciais do noso termo municipal”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



