Nota de prensa
PEQUE: ‘SEREI UN APOIO MÁIS NA PRESIÓN, ACHEGANDO DINAMISMO E RAPIDEZ NO XOGO’
Envolta na engrenaxe de pretempada, Patricia González Mota (Madrid, 1987), Peque, unha das novas caras do Burela FS Pescados Rubén, falou da súa chegada ao conxunto. “Serei un apoio máis na presión, achegando dinamismo e rapidez no xogo e espero que tamén gol arriba”, dixo a nova ala-pivote laranxa manifestando a súa ilusión no proxecto: “É un equipo moi competitivo. Levamos dous adestramentos de pelota e dende o primeiro momento estase vendo un ritmo altísimo”.
A madrileña, procedente do Diamante La Rioja co que quedou subcampioa da Copa de España Burela 2011, destacou a súa doada adaptación ao equipo mariñán: “Non me está custando nada integrarme. No que notei unha diferenza máis notable ata o momento foi na intensidade dos adestramentos; estaba acostumada a tres sesións semanais, como moito cinco en pretempada, e aquí estamos facendo oito ou nove; aínda así o físico está respondendo ben”.
A ala-pivote recala no Burela FS coa mirada posta na sabedoría técnica: “Podo aprender moitísimo de Pardeiro; a súa visión de xogo foi o que máis me chamou a atención deste equipo. É un adestrador que aclara moito as cousas; todo o que se fai ten un porqué e sempre o explica”. “Entre os obxectivos debe estar a Copa e algo máis na liga” dixo Peque, que identificou a unidade do cadro e o traballo como os segredos do éxito burelao: “É un equipo unido no que individualmente non destaca ninguén pero no que todas se complementan ao cento por cento. Iso foi o que o levou, por exemplo, este ano a ser cuarto. Todo o traballo se reflicte na pista”.
Peque tamén loou a forma de vivir o fútbol sala en Vista Alegre, un sentimento que xa experimentou non só na liga senón tamén na Copa, en xuño, e sobre todo na vibrante final ante o Móstoles FSF: “O ambiente que se vive aquí non é nada habitual; a bancada está chea e non deixa de animar. É un xesto que se debe agradecer; a afección axuda moitísimo o equipo local e iso notámolo, sobre todo, a xente que vimos doutros clubs” engadiu a xogadora laranxa.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
