Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ ADVÍRTELLES AOS TRABALLADORES MUNICIPAIS A TRAVÉS DUNHA PROVINDENCIA QUE ESTÁN OBRIGADOS A CUMPRIR CO SEU HORARIO LABORAL.
Ribadeo, 22 de agosto de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, advírtelles aos traballadores municipais a través dunha providencia que están obrigados a cumprir co seu horario laboral. Suárez Barcia asegura que non se tolerarán comportamentos impropios deste colectivo ao servizo dos veciños de Ribadeo e que adoptará as medidas precisas para acadar o cumprimento das normas.
No escrito, que foi enviado aos delegados de persoal e colocado nos taboleiros de anuncios das dependencias municipais, o rexedor sinala que “visto que despois de reiteradas ocasións ao longo do tempo en que levo sendo Alcalde, teño indicado a procedencia de cumprir o horario laboral a todos/as os/as traballadores/as deste Concello, tanto verbal como escrito, tanto individual como colectivamente, incluida a advertencia expresa ao comité de empresa e delegados de persoal, sen que a día de hoxe nada disto se cumpra por moitos/as dos traballadores/as municipais (con honrosas e meritorias excepcións)”.
Na providencia asinada hoxe o alcalde de Ribadeo avisa que “non se tolerarán por parte desta Alcaldía comportamentos impropios dos traballadores municipais ao servizo dos veciños e veciñas deste concello a quen se deben e para quen traballan, e adoptarei cantas medidas sexan precisas para acadar o cumprimento das normas”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



