O GOBERNO BURELÉS APROBOU OS PREZOS PÚBLICOS PARA A PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DO CIM E O PROXECTO DA OBRA DE MELLORA DO SANEAMENTO NA RÚA PARDO BAZÁN, ENTRE CURROS ENRÍQUEZ E EIJO GARAY.
Burela, 23 de agosto de 2011. A Xunta de Goberno burelés aprobou hoxe os prezos públicos para a participación en actividades organizadas dentro do ámbito de actuación do Centro de Información á Muller (CIM). O marco para a súa aprobación é unha ordenanza aprobada a tal efecto.
Os talleres que se celebrarán serán os de bordado, bolillos e manualidades. Por asistencia a un taller abonaranse 30 euros, 50 euros por asistencia a dous talleres, e 65€ por asistir aos tres. Estas contías abonaranse en concepto de inscrición e serán as únicas que se paguen por asistencia a estes talleres.
O alcalde, José María González Barcia, que anunciou esta medida en rolda de prensa acompañado de parte do seu grupo de goberno, indicou que “a medida pretende sufragar só unha parte destas actividades, que se viñan facendo de xeito gratuíto desde a súa posta en marcha hai prácticamente quince anos, gratuidade que de aplicarse faría inviable a realización destes talleres nun futuro inmediato”. Barcia tamén manifestou que o seu grupo de goberno aplicará sistemas semellantes para outras actividades organizadas polo Concello, pero subliñou que tamén se continuarán organizado actividades con carácter gratuito.
Diana Durán, a concelleira de Servizos Sociais, indicou que “se chegou a esta solución falando precisamente coas usuarias dos talleres e coas súas profesoras. De feito, onte mesmo tivemos a última reunión, á que asistiron unhas trinta mulleres, para explicarlles exactamente a nosa intención, e de xeito unánime comparten a solución aceptada, solución á que por certo non nos gusta chegar, pero que é a máis razoable para manter a actividade”.
Noutro orde de cousas, o alcalde informou de que na Xunta de Goberno de hoxe tamén se aprobou o proxecto da obra de mellora do saneamento na rúa Pardo Bazán, no tramo comprendido entre Curros Enríquez e Eijo Garay, obra incluída no Plano de Obras e Servicios (POS) do presente ano 2011. O rexedor sinalou que “con esta obra perséguese a renovación dun tramo de saneamento nunha zona de grande densidade de poboación, para darlle máis sección. Para eso vai ser preciso levantar o pavimento, pero gañarase en efectividade e os problemas que hoxe plantexa o saneamento nesta zona confiamos en que queden definitivamente resoltos”.
Esta obra, segundo González Barcia, ten un presuposto de execución de 42.633’12 euros e a partires de agora comezarase cos trámites administrativos pertinentes para a contratación da obra. O prazo de execución é dun mes.
Igualmente, o alcalde informou que a Xunta de Goberno aprobou a prórroga de dúas semanas para o remate da obra de mellora do alumeado público en Arcadio Pardiñas, por retrasos no subministro do material.
Orientador laboral
Finalmente, o alcalde fixo un análise das declaracións do PSOE sobre as bases de contratación para cubrir unha praza de orientador laboral. González Barcia indicou que “entendemos que as bases cumpren coa norma legal, e de feito non son tan distintas das empregadas polo bipartito en 2010”.
E Barcia sacou datos para confirmar o que manifesta“nas bases empregadas polo bipartito en 2010, tampouco se inclúe a titulación de psicoloxía e tampouco se pediron desempregados ó INEM, e eso pode comprobarse no decreto 575 de 2010, asinado polo anterior alcalde. Ademais, nas bases do bipartito tamén había distintas baremacións para cada unha das titulacións posibles”. O alcalde engadiu que “se o PSOE entende que as bases son impugnables, teñen a cousa doada, xa poden impugnar”.
O alcalde de Burela cre que “o PSOE non está lexitimado para decir nada destas cousas. ¿Cómo pode decir algo sobre política de persoal quen, por ejemplo, fixo unhas bases para cubrir postos na Escola de Música nas que só faltaba poñer o DNI da persoa que ía entrar? ¿Cómo pode decir algo sobre política de persoal un partido político que, continuando coa Escola de Música, recurriu cinco sentencias xudiciais sobre condicións de traballo, pero unha sexta non foi recurrida? Ou, continuando con sentencias xudiciais sobre o persoal do Centro de Drogas, ¿cómo se recurren certas sentencias e outras non? O partido político que fai esto, e logo di o que di, non tén ningunha credibilidade para decir nada. Creo que están errando no seu labor de oposición e eso non é bó nin para eles nin para o Concello como institución”.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



