Campamento musical “Ao son da banda” organizado pola asociación de amigas e amigos da Banda de Burela
NOTA DE PRENSA:
CAMPAMENTO MUSICAL “AO SON DA BANDA” ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE AMIGAS E AMIGOS DA BANDA DE BURELA.
DO 22 AO 27 DE AGOSTO NO CAMPING DA DEVESA.
__________________________________________________________________________
Onte daba comezo no camping da Devesa, o campamento musical “Ao son da banda” organizado pola Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela e que se prolongará ata o próximo sábado. Neste campamento musical participan nenos e nenas das bandas de música de Burela e Guitiriz e ten unha finalidade lúdica e didáctica. Por unha parte trátase dun curso intensivo de música no que se traballa repertorio de banda principalmente, así como distintos aspectos relacionados con esta formación, e por outra parte é un campamento con carácter lúdico e de lecer, no que os rapaces e rapazas poden realizar distintas actividades programadas polos monitores.
Na tarde do luns houbo un obradoiro de música pop, impartido polo músico de Burela Manolo Maseda, membro de grupos como Os Diplomáticos ou Serra-lhe aí. Maseda é profesor de música no Bacharelato de Artes e fixo unha interesante achega á música pop desde un punto de vista práctico, facendo partícipes aos nenos e nenas da elaboración de estruturas harmónica simples partindo dalgunhas das pezas máis coñecidas da música pop.
No curso imparten clase tres profesores que se encargan das distintas seccións instrumentais. Roberto Bouça: vento madeira; Abel Riveira: vento metal e Israel Arranz: percusión.
O sábado 27 finalizará este campamento con un concerto que terá lugar no propio camping da Devesa ás 12:00 horas.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



