Herederos de la Mar entregou ao Club Náutico de Ribadeo unha placa en recoñecemento ao trato que lle dispensaron á Fundación. Marisol Moreda, presidenta de Herderos de la Mar, destacou o labor e o traballo que realiza todo o persoal do Club Náutico de Ribadeo. Pola súa banda, Mario Coto, o presidente do CNR, agradeceu e entrega da placa, que tivo lugar hai uns días nun acto en Lugo, e que onte compartiu en Ribadeo xunto a directivos, empregados do Club Náutico e colaboradores da Fundación Herdeiros da Mar.
