Nota de prensa
ESTE MEDIODÍA ABRE AS SÚAS PORTAS EN FOZ O MERCADO MEDIEVAL UBICADO EN PORTO CHICO E ENMARCADO DENTRO DA I FESTA NORMANDA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA QUE ARRINCA TAMÉN HOXE.
Foz, 26 de agosto de 2011. Ás tres da tarde abre as súas portas en Foz o mercado medieval ubicado en Porto Chico e enmarcado dentro da I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica que arrinca tamén hoxe. No mercado dánse cita uns 50 artesáns.
A I Festa Normanda dará comezo co pregón que pronunciará ás 20 horas de hoxe no Bispo Santo o cronista oficial de Foz e fillo predilecto, Suso Fernández. A continuación será a escenificación da lenda de San Gonzalo dirixida por Francisco Piñeiro, profesor, escritor e director teatral. E xa na propia vila ata ás 22 horas haberá pasarrúas musicais.
O día da grande da Festa Normanda, que organizan ACIA Foz, o Concello e a Deputación de Lugo, será mañá sábado. Para as 12 do mediodía está previsto o avistamento da flota normanda e a chamada de auxilio aos veciños desde o faro. Alí os defensores acudirán á loita contra os invasores desde as distintas rúas da vila ata Tupide. E ás 13 horas será o desembarco en Porto Chico, a escenificación da lenda de San Gonzalo e a defensa da vila. De 17:30 a 19 horas na praza Conde de Fontao selección de xogos normandos e no paseo da Rapadoira xogos tradicionais. A partires das sete da tarde na praza Conde de Fontao terán lugar as vodas vikingas e un espectáculo de humor denominado ¡Que vienen los vikingos!. Ás 20 horas procederáse ao investimento do valedor maior da orde dos meritorios defensores das terras de Foz e do seu contorno a José Luis Muñoz e a súa dona, que levan 50 anos veraneando na vila. E xa a partires das nove da noite as rúas de Foz contarán con ambientación musical.
Desde a directiva de ACIA Foz animan aos asistentes a mercar as 2.000 monedas conmemorativas feitas para a celebración desta festa. José Carlos Paleo asegura que “se trata dunha edición limitada. O que se recaude será un donativo para a organización do festexo”.
Paralelamente á Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica celébrase esta fin de semana en Foz a festa do polbo, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. Preto dunha treintena de locais servirán a ración deste produto a 9,90 euros. Paleo lembra que “o que queremos é despedir ben este verán de 2011. O menú está servido: festa normanda, mercado medieval e festa do polbo. Agora só nos queda disfrutalo durante estes dous días cunha participación multitudinaria”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



