Nota de prensa 1/2
ANTONIO VEIGA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DAS CARREIRAS DE CABALOS DE ANDADURA “EQUIOURO 2011”
A Área de Deportes colabora con este evento, e Antonio Veiga subliñou o compromiso da mesma para a futura creación dun circuíto de andadura galega no concello
O VALADOURO, 26 de agosto de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde na casa do concello do Valadouro á presentación das carreiras de cabalos de andadura “Equiouro 2011”, que se celebrará en Ferreira do Valadouro o vindeiro sábado 3 de setembro. Ao acto tamén asistiu Alejandro Rouco, presidente da asociación organizadora do evento, APREVAL, así como membros da corporación municipal.
Os cabalos e poldros serán os protagonistas deste evento, e competirán ao longo do día en varias carreiras: a final do Campionato Galego de Andadura da Federación Hípica Galega, unha proba libre de Andadura con 6 modalidades diferentes, etc. De xeito paralelo, celébrase nos establecementos hostaleiros do concello a VIII Ruta de Tapeo do Valadouro.
As probas darán comezo ás 10:00 horas e a xornada finalizará coa entrega de premios e trofeos por parte das autoridades aos participantes nas carreiras e vencedores. Ademais, cada cabalo participante recibirá a comida de xeito gratuíto.
Nota de prensa 2/2
EQUIOURO 2011
CARREIRAS DE CABALOS DE ANDADURA VALADOURO
“APREVAL”
NOME: EQUIOURO 2011
“CARREIRA DE CABALOS DE ANDADURA”
FECHA: 03-09-2011
LUGAR: O VALADOURO
MAÑAN:
-Realizaranse as Fináis do Campeonato Galego de Andadura dirixidas por:
-Presidente da Federación Hípica Galega
-Don Carlos Domínguez Álvarez.
-Vocal de Andadura e Disciplinas Diversas da F.H.G.
-Don Joaquín González Troncoso.
CONCURSOS DE:
-FINAL DO XIII CAMPIONATO GALEGO DE CABALOS DE ANDADURA DOUS TEMPOS.
-FINAL DO XIII CAMPIONATO GALEGO DE CABALOS DE ANDADURA CATRO TEMPOS.
-FINAL DO IV CAMPIONATO GALEGO DE CABALOS TROTÓNS EN ANDADURA.
-FINAL DO I CAMPIONATO GALEGO DE CABALOS DE ARRASTRE.
PREMIOS:
|
POSTO |
CABALOS ANDADURA
DOUS TEMPOS |
CABALOS ANDADURA
CATRO TEMPOS |
CABALOS TROTÓNS |
CABALOS
DE ARRASTRE |
|
1 |
120 € |
120 € |
120 € |
120 € |
|
2 |
90 € |
90 € |
90 € |
90 € |
|
3 |
70 € |
70 € |
70 € |
70 € |
|
4 |
50 € |
50 € |
50 € |
50 € |
|
5 |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
|
6 |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
MEDIO DÍA:
-Entrega de Medallas Realizada pola Federación Hípica Galega.
TARDE:
CONCURSOS DE:
-ANDADURA DOUS TEMPOS CABALOS CRUZADOS.
-ANDADURA CATRO TEMPOS CABALOS CRUZADOS.
-ANDADURA DOUS TEMPOS CABALOS CRUZADOS DE TROTON.
-ANDADURA CATRO TEMPOS CABALOS CRUZADOS DE TROTON.
-ANDADURA CABALOS TROTÓNS.
-ANDADURA POTROS ATA 2 ANOS TODAS AS RAZAS.
|
POSTO |
4 TEMPOS
CABALOS CRUAZADO DO PAIS |
2 TEMPOS
CABALOS CRUAZADO DO PAIS |
4 TEMPOS
CABALOS CRUAZADO DE TROTON |
2 TEMPOS
CABALOS CRUAZADO DE TROTON |
TROTONS |
POTROS DE ATA 2 ANOS DE TODALAS RAZAS |
|
1 |
120 € |
120 € |
120 € |
120 € |
120 € |
100 |
|
2 |
90 € |
90 € |
90 € |
90 € |
90 € |
80 |
|
3 |
70 € |
70 € |
70 € |
70 € |
70 € |
60 |
|
4 |
50 € |
50 € |
50 € |
50 € |
50 € |
50 € |
|
5 |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
|
6 |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
30 € |
VIII RUTA DE TAPEO COA COLABORACIÓN DA HOSTELERÍA DO VALADOURO
Unha das diversas tapas dos locais participantes será de poldro dos montes do Val
COMIDA GRATUITA POR CADA CABALO QUE PARTICIPE NALGUNA DAS MODALIDADES.
OS CABALOS FEDERADOS PODERAN PARTICIPAR NAS PROBAS LIBRES.
OS CABALOS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NAS PROBAS FEDERADAS TERAN QUE ESTAR FEDERADOS.
APARCAMENTO PRIVADO PARA OS PARTICIPANTES
(DOTAMOS DE ESPACIO PARA EXPOSITORES)
TELFONOS DE CONTACTO: 649687284 – 696857078
-ENTREGA DE PREMIOS NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



