Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ SOLICÍTALLE Á XUNTA A COLOCACIÓN DUNHA VIONDA NA ESTRADA REME-VILAMAR, PRETO DE REMOURELLE, NUN TREITO NO QUE SE PRODUCIRON OITO SAÍDAS DE VÍA ESTE ANO.
Ribadeo, 29 de agosto de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, solicítalle á Xunta a colocación dunha vionda na estrada Reme-Vilamar, preto de Remourelle, nun treito no que se produciron 8 saídas de vía no que vai neste 2011.
O rexedor remitíulle un escrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galiza, “que é a titular da estrada Reme-Vilamar, esta estrada tan polémica que desde hai anos está sen amañar en partes importantes e agora cerca de Remourelle no último ano houbo 8 saídas de vía nun tramo concreto, a última delas esta pasada semana. Afortunadamente nunca chegou a pasar nada máis que danos materiais e en todo caso danos físicos pero de menor importancia afortunadamente, ata o día de hoxe”.
Suárez Barcia explicou que “a Policía Local e esta Alcaldía consideran necesario que a Xunta coloque en todo ese treito perigoso unha vionda, unha banda de protección lateral, para evitar que os vehículos caian por un barranco moi pronunciado no que ao final está o que lle chaman o pozo de Lexoso, porque o propio regato forma un pozo moi profundo que si chega a caer algún coche aí podería haber unha desgracia maiúscula”.
O alcalde de Ribadeo confía en que “as autoridades autonómicas da Xunta dean as instruccións pertinentes para colocar ese treito de vionda, tal e como desde os servizos técnicos do Concello lles indicamos, dado que a titularidade do vial é deles”.

























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



