Nota de prensa
A FRUGA CONSEGUE DESBLOQUEAR AS NOVAS APROBACIÓNS E AMPLIACIÓNS DE COMPROMISOS DA CAMPAÑA 2010 NO CONTRATO DE EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE
A Consellería do Medio Rural publicou recentemente no DOG o reaxuste orzamnetario inicial para facer frente a estes pagamentos

O Contrato de Explotación Sustentable (CES), enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2007-2013, destinado á mellora do medio ambiente e do entorno rural e para o uso sostible das terras agrícolas. Inclúe diversas axudas dirixidas a remunerar aos agricultores polas funcións territoriais, sociais e ambientais que se derivan de determinados sistemas agrícolas e gandeiros, pretendendo tamén reforzar a sostibilidade das explotacións.
Os expertos do sector agrario permanentemente fan referencia a que unha das vías para aumentar a rendabilidade das explotacións é a de reducir os custos de producción por medio do aumento da base territorial e de prácticas mais sustentables e con menos dependencia de insumos externos, este é, precisamente é o obxectivo do CES
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, denunciamos que as explotacións acollidas a estas axudas non reciben o apoio preciso por parte da Consellería do Medio Rural. Tampouco comprendemos como se desprotexe ás comarcas máis desprotexidas de Galiza; boa parte das explotacións que reciben o CES atópanse nas zonas agrícolas desfavorecidas de montaña e de despoboamento, co cal se agudiza o problema de perda de poboación do rural.
A XUNTA DE GALIZA RECUOU TRAS AS PRESIÓNS FEITAS POLA FRUGA
As bases do CES do ano 2010 marcan o prazo máximo para resolver as novas solicitudes e ampliacións de compromisos, pero a Xunta de Galiza non resolveu como era a súa obriga, deixando nunha clara indefensión aos solicitantes das mesmas. Consecuentemente, moitos gandeiros e gandeiras solicitaron as oportunas explicacións, sen recibir contestación oficial sobre o estado de tramitación e resolución das axudas solicitadas, e mesmo sen sequera asegurar se existía ou ía existir finalmente resolución que puxera fin ao procedemento.
Posteriormente, a Consellería do Medio Rural (CMR) convocou ás entidades colaboradoras na tramitación da PAC (Política Agraria Común) os dia 21 e 24 de xaneiro de 2011, onde se atopaban algunhas das entidades que tramitan o CES, e comunicaba por escrito “non seguir traballando na xustificación das novas solicitudes do CES tramitadas no 2010” polo que se entendia que non ía ser aprobada nengunha delas.
Ante esta situción, a FRUGA reaccionou por unha banda denunciando públicamente a situación nunha rolda de prensa convocada polo BNG no Parlamento de Galiza na que participaron afectados por esta situación e membros da FRUGA, o día 4 de febreiro na que se denunciou a falta de resolución das novas solicitudes do CES tramitadas no 2010. A CMR, pouco despois, anunciou nun comunicado que serían “aprobadas o antes posible”
En vista de que as promesas do Sr. Conselleiro non se cumplían e que moitos gandeiros solicitaron as oportunas explicacións, sen recibir contestación por parte da Consellería, o 23 xuño deste ano, gandeiros pertencentes á FRUGA presentaron queixas ante o Valedor do Pobo para que este organismo ditara resolución e recomendara á Consellaría do Medio Rural a proceder a resolver e notificar expresamente as axudas do Contrato de Explotación Sustentable no ano 2010 e a absterse no futuro a emprender prácticas dilatorias na resolución das convocatorias das axudas.
Estas queixas ao Valedor do Pobo foron admitidas a trámite poucos días despois, polo cal o propio Valedor entende que hai indicios máis que suficientes que recoñecen a indefensión dos solicitantes.
Todo isto tivo os seus froitos o pasado venres 26 de agosto, cando a CMR publicou do DOG un reaxuste orzamentario para facer frente ao pagamentos derivados das novas solicitudes do CES na campaña 2010 así como as ampliacións de compromisos.
Trátase de 837 novas solicitudes, é dicir, 837 explotacións máis que cobrarán o CES, que se suman ás 3754 que xa o viñan cobrando ao telo aprobado con anterioridade.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



