Nota de prensa
O PP de Viveiro, quere matizar e aclarar algunas das afirmacións feitas polo equipo de governo en relación coa débeda dos convenios do Concello coas asociación deportivas .
En relación coa resposta dada polo Sr. Concelleiro de Deportes no día de onte en diferentes medios, a propósito da información que o grupo do Partido Poplular de Viveiro emitiu o pasado 10 de setembro, queremos puntualizar o seguinte:
Este grupo leva mais de 8 anos sin ter responsabilidades de governo no Concello; nembargantes o grupo do BNG si tivo responsabilidade directa no goberno e xestión do mesmo, inclusive con sentencias por débedas a terceiros, polo que algo terán que ver na actual precariedade económica do Concello de Viveiro.
Na nosa época o comprometido pagábase; non sacábamos peito como fai o Sr. Roel de comprometer grandes cantidades e logo non pagalas, asi é moi doado firmar convenios, pero logo as consecuencias páganas os clubes, que fan unhas previsións para unhas determinadas cantidades e acaban asfixiados porque quen prometeu e firmou non cumple o conveniado.
Aforran de escudarse noutras épocas, co PP os clubes sabían o que había, e o máis importante que o cobraban en tempo e forma, isto si que é preocuparse pola saúde económica dos clubes e asociacións, o demáis son brindis ao sol e política de fotografías, que quedan moi bonitas cara a galería pero que aportan pouco ou nada ó día a día das entidades deportivas.
Os responsables nestes últimos anos foron o PSOE e o BNG, polo tanto a estas alturas non vale excusarse nin disculparse con ninguén, deberían de revisar os papeis antes de asinar pactos de gobernabilidade, pois nós xa advertimos da difícil situación económica provocada polo Sr. Roel, antes de que vostedes se uniran a él, polo tanto agora non vale botar balóns fóra, eran perfectamente coñecedores do desaguisado económico do Concello.
Que garantía de cobro teñen os clubes? porque escoitando o Sr. Alcalde cando di que si non hai crédito non cobrarán, xurden moitas dúbidas de que vaian a cobrar en outubro; dende logo que o asunto ten miga eu invitoo a comer e pago si teño cartos, senón será vostede quen terá que pagar cos seus cartos a miña invitación, pois que ben!.
O Sr. Galdo, como socio de governo e coma delegado de deportes, compromete constantemente a súa palabra e a súa honra, confiado na palabra de Melchor, que o fin e ó cabo, é quen firma os pagos, ainda que sexa con informes contrarios de intervención. Esa é a cuestión, se Melchor engana a Galdo e este o permite que o faiga, é lóxico que por parte das entidades deportivas e pola cidadanía se cree un clima de desconfianza hacia os novos socios do governo.
O grupo do Partido Popular de Viveiro o que realmente lle importa é:
que se cumpla co comprometido, para asi garantir a existencia e a viabilidade de tódalas asociacións.
que os futuros convenios sexan reais e adaptados as disponibilidades económicas presupostadas, para que clubes e asociacións saiban que as cantidades que figuren nos mesmos as van a cobrar en tempo e forma. Deste xeito poderán planificar as súas actuacións sabendo a que aterse, e só terán que preocuparse de levar adiante a súa actividade e non terán que andar perdendo tempo e esforzos en reclamar algo que previamente se lles ofreceu e comprometeu.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



