Nota de prensa
O voceiro do Mar, José Manuel Balseiro, cualifica de “tirón de orellas” da Cámara galega ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño ante o “abandono” ao que someteu a esta flota
O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, ESIXIR AO GOBERNO CENTRAL UNHA MAIOR IMPLICACIÓN EN APOIO DA FLOTA BONITEIRA
Reclama que o despregamento do operativo loxístico que acompaña ás embarcacións pesqueiras se determine e poña en funcionamento nunha soa fase e ao inicio da campaña de verán, a diferenza do que aconteceu este ano.
Jose Manuel Balseiro lembra que Galicia é a única Comunidade autónoma que contribúe en apoio desta flota cos seus propios medios: o buque Sebastian de Ocampo e os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, que puideron dar asistencia moito antes á flota boniteira se o Ministerio tivera convocado a reunión de coordinación moito antes
Santiago, 14 de setembro de 2011.- O Parlamento de Galicia aprobou a iniciativa proposta polo Grupo Popular para esixir ao Goberno central unha maior implicación en apoio da flota boniteira. O voceiro do Mar do PPdeG, José Manuel Balseiro, cualificou de “tirón de orellas” da Cámara galega dirixido ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, ten por obxecto esixirlle ao Estado que nos vindieros anos corrixa as deficiencias que aconteceron nesta campaña e que provocaron grande malestar no sector ao sentirse abandonado durante días e incluso semanas.
O acordo parlamentario reclama ao Goberno central que, a diferenza do acontecido este ano, o despregamento do operativo loxístico, que acompaña ás embarcacións pesqueiras adicadas á captura do bonito do Norte, entre en funcionamento desde o inicio da campaña de verán –aló polo mes de xullo- e nunha soa fase. Deste xeito as embarcacións pesqueiras disporían da asistencia precisa –en caso de emerxencia- tanto do buque hospital Juan de la Cosa como do patrulleiro da armada Chilreu que, na presente campaña, non acompañaron á flota durante todos os días da campaña de verán, a diferencia do que fixeron noutras ocasións.
O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, lembrou que Galicia é a única Comunidade autónoma que contribúe en apoio desta flota cos seus propios medios. Isto é así porque aos buques de titularidade estatal a Xunta engade o remolador Sebastian de Ocampo e os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 (estes últimos en apoio da flota que faena no Cantábrico). Pero tamén este ano o despregamento destes medios sufriu un considerable atraso, porque o Ministerio tardou máis dun mes en convocar a reunión de coordinación na que se decide o operativo loxístico que se despregará en apoio desta flota. Para evitar eso o acordo parlamentario propón que esta reunión tamén teña lugar, sen excusa, con anterioridade ao inicio da campaña.
O acordo parlamentario contou co voto favorable de populares e socialistas e coa abstención do BNG. Jose Manuel Balseiro lamentou que os nacionalistas non quixeran sumarse á petición e polo tanto que sexan incapaces de asumir a unha reivindicación xusta de Galicia en apoio da flota boniteira e dirixida a garantir unha mellor coordinación do operativo loxístico que acompaña as embarcacións pesqueiras galegas.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



