Lugo ten mar, pero está na Mariña
Resulta moi complicado convencer á xente da importancia de racionalizar a administración e de confiar no bo facer dos xestores públicos en tempos de crise, cando algúns políticos adoptan decisións rocambolescas, sen ningún tipo de sentido, que lonxe de achegar a administración aos cidadáns e de buscar a mellor utilidade dos servizos públicos van na dirección contraria.
No día de onte unha pomposa comitiva, encabezada polo Delegado de Goberno en Galicia -o Sr. Cortizo- visitaba as obras da nova sede provincial do Instituto Social da Mariña (ISM). Un organismo creado para prestar servizos -en exclusiva- ás xentes do mar, pero que o goberno socialista decidiu situar na cidade de Lugo, a máis de cen quilómetros da costa lucense.
Desde o Partido Popular de Galicia e, de xeito moi particular este deputado, como portavoz en asuntos pesqueiros, denunciamos moitas veces este feito, indicando incluso que o Goberno central perdía unha oportunidade única para trasladar a xefatura provincial do ISM ata calquera dos concellos da costa lucense. Postos a cambiar de sede e a mercar un novo edificio, que mellor que facelo ao carón do mar. Pero nin se nos escoitou a nós, nin queren escoitar ao Parlamento de Galicia que en decembro de 2006, a proposta deste deputado, adoptada un acordo por unanimidade -co apoio, polo tanto, das tres forzas políticas- no que se lle instaba ao Goberno central a que “promovera o traslado do ISM á costa lucense, co fin de achegar as súas prestacións aos seus usuarios”.
Ninguén cun mínimo de obxectividade e sentido común poderá defender o que na nosa provincia está a facer o Goberno socialista. E por iso resulta moi salientable o silencio cómplice do PSOE na Mariña, mudo ante tamaño erro. Calquera pode entender que sería moito máis lóxico que o ISM e o investimento millonario –empregado para mercar un novo edificio e para as obras de adaptación do mesmo- estarían moito mellor empregados ao carón dos que terán que facer uso del. Con todo, si hai algo verdadeiramente absurdo, é que se lle obrigue ás xentes do mar a desprazarse máis de cen quilómetros ata a cidade de Lugo, incorrendo nuns gastos que cada un dos cidadáns teñen que pagar dos seus petos e que puideron ser totalmente prescindibles.
Di o Sr. Orozco, que esta obra sirve para lembrar que Lugo ten mar. Efectivamente isto é así. E ademais os que temos a honra de vivir na costa presumimos desta condición. Pero o que parecen esquecer os socialistas e o conxunto dos actuais xestores do Goberno central é que Lugo ten mar, pero está na Mariña lucense.
Jose Manuel Balseiro Orol
Voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



