Os seres vivos sobrevivimos na natureza porque recordamos. O noso corpo, especialmente o dos mamíferos, ten memoria, acórdase da dor e da súa causa, do frío e da calor, do fame e do fastío, do que nos ocorreu en cada tempo das diferentes idades do noso crecemento e madurez. E porque o noso corpo recorda, sabemos que as fontes de calor intensa quéimannos a pel, que os contratempos desagrádannos, que os praceres atráennos. A sabedoría do corpo medra día a día desde que nacemos ata que acaba a existencia consciente.
E do mesmo xeito que imos aprendendo por propia experiencia a secuencia da nosa sensitividade aprendemos igualmente o que nos rodea, persoas, clima, alimentos. Pero este prolongado e interminable aprendizaxe non acaba na propia práctica senón que incorporamos o que nos contan as nosas xentes sobre o presente e o pasado, sobre o que nos convén no futuro. Ninguén que conta verbalmente ou por escrita se libra da tentación do consello ou da moralexa, da versión subxectiva, da proxección dos seus sentimentos.
Entre os contos ou relatos breves da vida doméstica sempre se atopa a historia familiar, as batallitas dos avós, as aventuras do tío que se foi a América, amores e desamores das tías solteiras, doenzas, anécdotas, penalidades e golpes de sorte, viaxes de ida e volta ou sen retorno, orixes e procedencias dos achegados, mitos recreados cada vez que se relatan para formar parte do acerbo da saga familiar.
Con todo adoita suceder que o máis doloroso se omite, non se verbaliza porque a soa e fugaz tentación de mentalo produce unha opresión no peito, xunto ao corazón, onde doen as emocións procedentes dun castigo sufrido inxustamente. E é que os recordos traumáticos deben repousar para poder volver sobre eles con máis calma, cando a aguda dor inicial adormentouse polo paso do tempo.
Ninguén pode sobrevivir placidamente sen os seus propios recordos. Negar a memoria é negar a vida. Poder contar en público o que tan só escoitaron as catro paredes domésticas é ventilar a historia familiar e propia, de viva voz e sen complexos, deixando atrás o sixilo, a tenue voz apenas audible a poucos metros, a inxusta sensación de culpabilidade.
Vivir perante xeracións baixo o estigma de acusacións de traizón, de criminalidade, de imputacións que soamente correspondían a quen as infrinxían, non pode quebrantar o dereito dos individuos e das familias a recordar aquela vida que puideron gozar de non ser por “aquilo”. Vidas cotiás roídas por unha vergoña infundada, polo temor a que soasen na porta eses golpes que desataban o pálpito. Persoas que foron día tras día da súa vida vítimas de miradas avesas, acusatorias ou lastimeiras, porque os seus mortos queridos xacían en cunetas anónimas mentres os inxustos gozaban de marmóreos panteóns nos cemiterios , na cruz do frente de xuventudes ou nos muros das igrexas e nas rúas de Penjamo. Tempos de inxustiza nos que a vida ou a morte e a dor humana estaban sometidos ao capricho dunha denuncia vengativa, dun mal espertar, dunha orde malhumorada, dunha interpretación maligna ás veces consecuencia de escuros intereses ou simplemente por despeito.
Recordar para revivir e recuperar a memoria para refacer, aínda que só sexa no recordo, a realidade de puidoo ser antes de “aquilo” que caeu como unha capa de amargura tan hereditaria como a xenética familiar. É lóxico que os verdugos, os seus fillos e netos non queiran nin oír falar do que pasou en aquelas datas.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



