Nota de prensa:
Barreiro “rendiu contas” hoxe sobre a súa actividade no Senado
“Por responsabilidade”, considera que os cargos electos deben explicar ós cidadáns cal foi o seu traballo e que en “aras dunha maior transparencia e para evitar suspicacias” resulta “acertado” facer público o patrimonio dos políticos
Foi un dos senadores galegos que máis veces interviu na Cámara Alta durante este lexislatura que vén de rematar
Lugo, a 26 de setembro de 2011.- O senador lucense José Manuel Barreiro efectuou hoxe balance da súa actividade na Cámara Alta durante a lexislatura que vén de rematar. Fixoo, segundo dixo, porque considera que un político debe “rendir contas” ante á cidadanía á que representa unha vez concluido o período para o que foi elexido co dobre obxectivo de explicar o traballo desenvolvido e facer un exercicio de transparencia.
No que atinxe ó primeiro aspecto, Barreiro indicou que durante este período defendeu un total de 461 iniciativas entre interpelacións, preguntas e mocións, nas súas diferentes modalidades. A maior parte de elas, relacionadas coa repercusión e o análise de diferentes aspectos económicos directamente vinculados coa súa función de voceiro de Economía do Grupo parlamentario Popular no Senado.
José Manuel Barreiro abordou a repercusión do déficit, o incremento do IVE, a suba dos precios, a baixada da venda de coches, o peche de empresas e a baixa de autónomos, a perda de postos de traballo, a capacidade exportadora do país, os informes publicados por diversos organismos nacionais e internacionais sobre a situación económica española e as medidas adoptadas polo Goberno ante a crise ou para conter o gasto público. Defendeu asimesmo as propostas realizadas polo Partido Popular para dar solución os problemas económicos do país.
A eles hai que sumarlle outras iniciativas relacionadas coas peculiaridades da provincia de Lugo. Preguntas sobre o grao de execución orzamentaria nos anos 2008, 2009 e 2010; sobre as dificultades económicas polas que están a pasar os productores lácteos, sobre o empeoramento da situación económica e empresarial na provincia, sobre o número de pensionistas afectados pola conxelación das pensións; sobre a deficiencia na prestación de determinados servicios públicos, como é o caso de Correos ou a Policía, así como mocións nas que se interesaba sobre o estado e prazos para a chegada do AVE a Lugo e a execución das autovías, polo establecemento de mecanismo de coordinación entre Xunta e Estado para cofinanciar as axudas necesarias para compensar os danos causados polas inundacións na comarca da Mariña o pasado ano ou mesmo instando ó inicio das negociacións con Alcoa para abrir ó tráfico comercial o dique norte do porto de San Cibrao, algunhas das cales non chegaron a tratarse polo adianto electoral.
Barreiro indicou que é o senador galego que máis intervencións tivo no Senado a excepción de José Manuel Pérez Bouza que, segundo puntualizou, é o único representante co que conta o BNG na Cámara Alta.
DECLARACIÓN DE BENS
Durante a súa comparecencia, tamén se referiu á declaración de bens e rendas do que os senadores dan conta no intre de incorporarse ó seu posto e que este ano é de acceso público a través das páxina web do Senado.
José Manuel Barreiro, tras indicar que a medida lle parecer acertada en aras de ofrecer a maior transparencia posible á actividade política e “evitar así que xurdan suspicacias mal intencionadas”, matizou que o verdadeiramente importante, precisamente para que non se xeneren dúbidas sobre a procedencia do patrimonio dos cargos electos, é comparar as súas pertenencias cando chegan e cando se van das institucións.
A este respecto, tras poñer a disposición dos medios de comunicación as súas declaracións da renda de 2007, 2008, 2009 e 2010, así como a última declaración patrimonial correspondente a 2007, indicou que os bens partrimoniais dos que dispón neste intre son os mesmos cos que contaba en 2007, especificando que todos proveñen directa ou indirectamente de herdanzas familiares e que boa parte deles atópanse en rexime de proidiviso, o que significa que comparte a súa propiedade con otros familiares.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



