Nota de prensa:
Foz a 6 de outubro de 2011
UNIFOZ, proponlle ao goberno do PP de Foz, que cambien o lema da súa campaña “NINGUÉN FARA MÁIS …” por outro que díga, NUNCA NINGUÉN FIXO TAN POUCO…
Despois deses chamados cen días de goberno, podemos ver como o goberno de Foz , no que había certas esperanzas, quedaron diluidas pola falta de capacidade, falta de traballo , pola improvisación constante e a nula intención de busqueda de consenso para temas puntuais.
A primeira medida tomada por este goberno foi a de non permitir “pisar o xardín“ do espazo colindante co entorno da praia da Rapadoira, con letreiros, P.Local, ameazas de multa,… todo isto mentres de noite se facian oidos xordos ao que pasaba no entorno a rúa Rego de Foz, pero ao longo dos días a norma quedou en nada.
A segunda foi o lio das terrazas, informando a algún hosteleiro que podía poñer terraza, e despois de facer a inversión e a súa instalación, mandou retirala, mentres que noutras zonas pechou os ollos ante instalación de terrazas que non cumpren a ordenanza.
A terceira, podíamos falar dos incumprimentos aos veciños, que ante respostas fáciles “ non te preocupes , que xá facemos iso “ , ainda hoxe seguen esperando e esperando
O mantemento das zonas é nulo, chega con ver como están as zonas de Tupide, parque de Marzán…para darse conta de que a única auga que ve esa zona verde é a da choiva e punto.
Na recollida de lixo, estase facendo un insulto aos cidadáns e ao medio ambiente ao marxen de incrementar a factura para o concello, pois mentres os cidadáns fan separación de residuos nos contenedores soterrados, na recollida xúntase todo e mándase para Sogama (plásticos e orgánicos).
Así mesmo o medio Rural do noso concello está totalmente desatendido o mantemento básico como o alumeado público e a recollida de lixo está totalmente abandonada, e son múltiples os contenedores que están cheos, con botellas polo chan, non se incrementou o servizo nos meses de verán, nin na periocidade, nin no número de contenedores, quedando estrado o lixo por moitos sitios, tampouco hai programacións de curso de lecer nas parroquias, o todo isto podemos decir a falta de atención aos veciños do medio rural.
Na convocatoria de prazas de persoal faise de presa e correndo, non sabemos si por algún interese, como o demostra a última convocatoria dunha praza para o servizo de recollida de residuos sólidos, que prácticamente so dispuxeron de tres días aos interesados/as para poder enterarse e presentarse, algo totalmente irregular
Na parte administrativa, Unifoz ainda non recibiu respostas a varias das peticións feitas fai máis dun mes, e mesmo a acta do pleno do mes de xullo foi entregada catro días antes do pleno de setembro.
Ao día de hoxe ainda está sen constituir o Consello da Radio, e sen convocar o Consello Escolar Municipal, e o que demostar unha clara realidade da situación , é a páxina Web, que ainda sigue a corporación da anterior lexislatura.
A atención aos veciños e totalmente deficitarita e burocrática, tanto co Alcalde como co resto do E. de Goberno, e por falta de xestión pechou a Casa da Xuventude practicamente un mes, por vacacións do persoal e a Biblioteca polas tardes.
En festas, a falta de imaxinación, fixo que despois de preto de 30 anos celebrandose a clásica sardiñada, e por non dar conseguidas sardiñas, suspendeu o acto e punto.
E nas festas do San Lourenzo, foi tal a desorganización na colocación de postos, como na planificación de instalación de escenarios innecesarios, que o único que fixeron foi facer os traballadores facer traballos que non eran necesarios. (Palco en Tupide…, palco praza Conde de Fontao )
A actividade política nos plenos por parte do goberno, podese considerar nula, pois si sacaramos da orde do día dos plenos as propostas feitas polos grupos da oposición, practicamente non habería plenos por non haber asuntos para tratar.
En atención turistica, hai que manifestar que é a máis deficitaria dos últimos anos, por unha desastrosa atención ás praias en limpeza e socorrismo, e un descuido total de espazos verdes, como o demostran as multiples queixas dos veciños mediante notas públicas.
A falta de imaxinación tamén se pode contrastar coa instalación de contenedores soterrados no Parque Martinez Otero, cargandose o pouco espazo verde que tiñamos nesa rúa, e metendos dentro do propio parque.
No apartado de S. Sociais temos que lamentar o abandono do mesmo, deixando sen servizo a persoas necesitadas no mes da agosto, e reducindo o servizo ao 100% o resto do ano.
Asi mesmo temos que lamentar que a incapacidade de xestión para sustituir temporalmenta a praza de Educadora Familiar, a pesar de que práticamente non teria coste para o Concello, por ser unha baixa de maternidade, quedando desatendidos os casos de familias con dificultades.
E neste apartado temos que destacar, a incapacidade para pintar un aparcamento para discapacitados no C. Saude, algo que UNIFOZ, lle pediu no Pleno, ou mesmo tomar medidas de limpeza urxente da rúa Avda da Mariña, ante as queixas dos veciños.
En temas sanitarios, poidemos ver como o Alcalde e o seu E.Goberno, abandonaron aos veciños totalmente ante a eliminación por parte da Xunta dunha ambulancia do 061 algo que non fixo o Alcalde e o goberno do PP en Barreiros. E por si iso non fora pouco, foi incapaz ao día de hoxe de conseguir unha entrevista coa Conselleria para a Corporación Municipal, o que nos fai dudar que si este Alcalde non é quen de conseguir unha entrevista , como conseguirá recursos para o noso pobo, e en especial para ese Super Porto?
As únicas palabras que lle escoitamos ao Alcalde, e falar de economía, de que non hai cartos, de que si se gastou……pero non foron quen de facer unha auditoría, a pesar de que figuraba no seu programa, ao marxen de isto , supoño que ao Sr Alcalde cando o elixiron como candidato do PP, supoño tamen lle dirian o que é un Concello, e minimamente como estaba o Concello de Foz, así pois non nos valen disculpas para tapar a incapacidade de xestión.
UNIFOZ, fixo fai uns días unhas declaracións de que este E.Goberno, estaba de vacacións na Alcaldía pagadas polos veciños de Foz, con respecto a este punto queremos informar que nestes últimos cen días UNIFOZ, presentou e defendeu 9 mocións, 19 escritos con propostas e 6 rogos, así como participou en todos os actos a os que foi convocado e ofreceu colaboración para gobernar a este E. Goberno,
Do mencionado anteriormente, e fácil deducir que Foz non pode seguir con este goberno inactivo, Foz necesita un goberno que se preocupe polos problemas dos veciños de Foz, polo emprego, polos servizos sociais, pola sanidade, e de forma moito máis intensiva polo coidado do pobo, Foz é algo máis que un Super Porto.
Neste senso UNIFOZ, quere falarlle en voz alta ao PSOE , de que Foz, non se pode permitir un goberno destas caracteristicas, Foz en estes momentos tan difíciles necesita un goberno con capacidade, con ganas de traballar, con imaxinación, con ilusión e sobre todo con capaciade de xestión, de non ser así será necesario máis diálogo e consenso dos grupos da oposición (PSOE, BNG; UNIFOZ), para facer propostas conxuntas para traballar no presente e futuro de Foz.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



