BARREIROS .- (FNC) O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que xa onte se restableceu o suministro eléctrico en Vilar e lamenta “a falla de información por parte da administración e das empresas suministradoras, xa que en ningún momento se nos dixo ós responsables dos Concellos cantos días íamos estar sen luz”. O rexedor explica que “fago hoxe estas declaracións no momento no que xa temos restaurado o suministro en todo o Concello para non interferir nos traballos que se estaban realizando. Houbo falla de información ós Concellos que eramos os que tiñamos que tomar decisións como pasou co abastecemento de auga en Barreiros, por exemplo, e non tiñamos datos de canto tempo iamos estar sen luz. En ningún momento ninguén se dirixiu a min para todo esto”.
Fuente Parga engade que “nós sempre estivemos en contacto cos responsables das empresas suministradoras que tampouco nos podías decir cando se ía dar servicio… pero lamento que desde a administración autonómica non se dera unha información clara ós que tiñamos que tomar decisións. E lamento tamén que agora se lles diga a algúns veciños que non tiñan constancia das averías. Eso non é verdade porque eu mesmo e a xente de Protección Civil do Concello no momento no que se ía restaurando a luz se lles estivo informando dos puntos nos que faltaba e cando onte un grupo de veciños se dirixía a Begasa desde esa empresa dicíanlles que non tiñan constancia desa avería e eso non é certo”.
Enganos ós veciños
O rexedor segue a relatar que “na noite do venres ao sábado en Vilar a empresa que fai o mantemento para Begasa retirou uns postes e cortou uns cables do suministro, polo tanto si os cortan o venres e si son eles os que teñen que restauralos e non os restauran evidentemente teñen que saber que aí vai faltar o suministro. Penso que se estivo engañando á xente e culpando a unha administración como é o caso do noso Concello ó que ninguén o informou como se tiña que informar. Non se previu este temporal e por eso pasou o que pasou e ata o domingo a mediodía Protección Civil da Xunta a través de Tragsa non se puxo en contacto conmigo para ofrecer grupos cando xa tiñamos restaurado o servicio eléctrico. Ata ese momento xa levábamos máis de 40 horas sen luz e ninguén se dirixira ó Concello e tampouco vimos a ningunha persoa de ningunha institución ou de Protección Civil da Xunta ofrecerse para axudarnos nos traballos que tivemos que facer”.
Alfonso Fuente agradece “o traballo realizado pola brigada de obras e por Protección Civil do noso Concello que desde a noite do venres ó sábado estiveron cortando árbores e abrindo estradas que quedaron pechados pola forza deste temporal e todo o sábado traballaron sen descanso. Despois de pasado esto teño que facer esta valoración, porque nós desde a unha da mañá da noite do venres estivemos pendentes minuto a minuto do que sucedía no noso concello, foron moitos os frentes abertos, pero sempre houbo unha persoa atendendo os problemas dos veciños. Creo que demos unha boa resposta”.
O rexedor sinala que “faltou tamén a auga e moita xente non o entendía, pero é que sen luz non podemos bombear auga nos depósitos e as solucións ás veces non son tan sinxelas… se falaba de porqué non se colocaban grupos nos lugares de bombeo. Son grupos dunha potencia que non hai na Mariña, hai que pedilos e ¿cómo os íamos pedir si ademáis precisan dun transporte especial e non sabíamos canto tempo estaríamos sen luz? E a maiores habería que engadir o custe que eso nos suporía. Creo que actuamos correctamente cos medios que tiñamos.
Gardería
Fuente Parga confirma que a gardería “xa voltou á normalidade no día de hoxe. Adiantámonos 24 horas á previsión inicial que tiñamos. O luns retiróuse todo o material que resultou danado e onte xa se colocaron as placas de Pladur e pola tarde realizaráronse as tarefas de limpeza e xa se avisou ós pais de que hoxe podían traer ós seus nenos ó centro”.
O alcalde de Barreiros critica a falla de información da eléctrica e da Xunta ao longo destes días




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



