Nota de prensa:
Celebrado o Pleno Extraordinario solicitado polo PSdG-PSOE de Foz para aclarar o estado económico do Concello.
O Pleno extraordinario celebrado o pasado venres en Foz solicitado polo PSOE local celebrouse coa liquidación de un punto solicitado como era realizar unha auditoría dos 16 anos de goberno do Partido Socialista no Concello de Foz.
Rivera recordoulle ao Alcalde, con xurisprudencia na man, que era ilegal e antidemocrático, sacar de un pleno extraordinario pedido pola oposición un punto da orde do día, que tiña a obrigación de debatelo no Pleno, outra cousa sería a súa resolución e votación onde si o alcalde ten as súas competencias, e dicir o Sr Castiñeira furtou o debate democrático ao Pleno.
No punto da orde do día sobre o estado económico do Concello de Foz a 8 de xuño de 2011, Rivera manifestou que en un informe con data do 24/04/2011 con rexistro de entrada Concello de Foz elaborado e firmado polo Interventor Municipal se di:
– O Concello de Foz ten un endebedamento do 35´36%, moi lonxe do límite permitido do 110%.
– O Concello de Foz solicitou unha operación de Tesourería por 700.000€ dos que se gastaran a fecha 430.784´09€
– O Concello de Foz ten unha débeda con provedores en facturas de 1.532.394´04€
– O Concello de Foz ten que ingresar no ano 2011, según as estimacións dos anos 2009 e 2010, a cantidade de 4.527.048´95€ por tódolos conceptos dos capítulos 1,2,3,4,5.
O equipo de Goberno presidido por José María García Rivera hasta o día 11 de xuño de 20011, día da toma de posesión do Alcalde Sr Castiñeira, non cobrou ningún imposto municipal, que suman a cifra de 2.569.216€ similar ao cobrado no ano e desglosado en:
Capitulo 1.- Contribución urbana, rústica e vehículos, 1.689.191´55€
Capitulo 2.- ICO- Imposto construccións e obras 120.000€ ( cantidade que por certo xa esta ingresada soamente co que pagou a nave que se esta construíndo no polígono industrial)
Capitulo 3.- Taxas e Prezos públicos 718.309€
Capitulo 5.- Xuros e Canon da auga 41.716´35€
O que suma un total de 2,569.216´90€
Como pode dicir o Sr Castiñeira, que non hai cartos?
Non se pode esquecer o dato de que o Partido Popular en solo catro anos de Goberno dende o ano 1991 ao 1994 e facendo balance seis meses antes das eleccións municipais deixou de débedas cos provedores 1.845.339´61€ dos cales 300.000€ sen contabilizar, e dicir sen acomodo presupostario.
Efectivamente no 2006 no chamado boom da construcción o Concello de Foz recadou 5 millóns de euros de licencias de obras, diñeiro investido en levar auga e saneamento ao medio rural, creación da piscina climatizada, recuperación de escolas rurais, construcción de centras sociais no medio rural, construcción de gardería, construcción de parques públicos, compra de terreos para paseos marítimos, plans de emprego público, recuperación dos colexios públicos…. etc.
En estas actuacións foi no que se gastou ese diñeiro.- explicou Rivera, preguntándolle o Sr Castiñeira, si cre que estas actuacións se fan sen cartos e si as súas pretensións eran que eses cartos se deixasen en caixa para que os gastase ou malgastase el a súa chegada o Concello.
A maiores o Goberno saliente do Sr Rivera deixou nos bancos do Concello de Foz, segundo acta de arqueo firmada polo Interventor, o Secretario e o Alcalde Presidente o 10 de xuño de 2011 a cantidade de 563.830´40€ que sumados a cantidade que quedaba da operación de Tesourería solicitada 279.216€ o que da un total de 843.046´40€ que quedan nos bancos do concello. Rivera explicou que cando o PSOE acede a alcaldía no ano 1995, non chegaba nin a cen mil euros a cantidade que quedaba nas arcas municipais, mentres que a débeda era moito superior a actual.
O segundo punto da orde do día do Pleno extraordinario celebrado, trataba sobre as declaracións do Alcalde nos diversos medios de comunicación acusando que no Concello de Foz había facturas ocultas.
O portavoz socialista, solicitou o Alcalde, que o Interventor Municipal presente na sesión plenaria, contestase a pregunta de, si o Equipo de Goberno saínte deixara algunha factura oculta, o Interventor tomou a palabra e manifestou, “Que non tiña coñecemento de ningunha factura oculta, que todas as facturas estaban relacionadas contablemente”
O Sr Rivera manifestou que quedaba claro que non existe ningunha factura oculta.
O Sr Castiñeira di na sesión plenaria , que el non había dito que existían facturas ocultas, que se refería a unha conversación de un debate electoral, ante o cal Rivera respóndelle que os veciños polas expresións vertidas polo Alcalde nos medios de comunicación entendían que existían facturas gardadas para que non se puidesen coñecer, cousa que é totalmente falsa. Que todas as facturas están contabilizadas unha s abonadas e outras pendentes de pago, pero todas dentro da contabilidade do Concello. Que non engane os veciños, falando de facturas ocultas .
O Partido Popular e o BNG aludiron o Plan de Saneamento económico do Concello, e o portavoz do PSOE Rivera, resposta que como se podía facer e levar a cabo ese plan, si os grupos destes dous partidos, sempre se negaron a aprobar unha taxa pública para financiar o custo das depuradoras coas que conta o municipio, cando saben que os servizos públicos deben de autofinanciarse tal como marca a lei en vigor.
A súa negativa a esto- explica Rivera- supuxo e supón un desembolso anual de fondos propios de mais de 400.000€, polo que a cuestión esta clara, queren un plan de saneamento económico pero votan en contra dos medios que segundo o Interventor municipal deben de tomarse para facer tal saneamento.






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



