Dos feitos e as persoas nos medios de comunicación
Entre todas as noticias que o alcalde de Ribadeo ten como norma publicar para deixar rendidas contas do seu proceder, estamos asistindo nos últimos días a una serie de capítulos sobre a vida dun ancián. Publicouse que será expulsado, recolléronse opinións sobre o que pensan os distintos grupos políticos, e seguiuse profundando no seu perfil tanto económico como vital: cobra tanto, debe tanto, lévase tal e cual co resto, avisóuselle tantas veces con botalo, contestou tal cousa, mentiu en tal outra, déuselle un listado de hostais e pensións nos que ben podería pasar estes dous meses de obrigada e definitiva expulsión, xa veremos se volve, díxoselle persoalmente (non por carta, que é máis burocrático), … en fin, detalles e perfís da súa vida que non son necesarios exhibir nin para resolver o seu problema nin para saber que as cousas se fan como deben, só faltou una fotografía e tal vez una entrevista persoal … Certo é que estamos acostumados no día a día a saber onde estivo o señor alcalde e que é o que fixo (con foto incluída) por todos nos, pero tal vez ás veces sexa necesario prescindir do gabinete de prensa e facer o traballo como se debe facer e o fan, sen necesidade de facer transparentes os problemas e as situación controvertidas de ningún de nos. Non todo paga a pena do prezo da política aínda que se faga o que se ten que facer. As posteriores declaracións duns e doutros a favor dos responsables do Concello sobre cuestións de pura matemática (a administración debe aplicar as normas), ou en contra (non hai dereito a expulsalo) poden ser discutidas sin que os medios as acompañen de datos e informacións persoais. Facer o que se debe, non poñemos en dúbida de que así se fai, non ten por que ser aireado con datos concretos do que sufre ditas circunstancias.
Grupo Municipal do Partido Popular


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



