Nota de prensa:
CONTESTACIÓN Á ENTREVISTA REALIZADA A D. LAMELA
(La Voz de Galicia, 5 de novembro do 2011)
Estou cansa de que D. Lamela diga que ando con “películas”. En primeiro lugar si ten algo que decir sobre min gustaríame que falase claro e que explicase que “película” estou a facer, porque seguramente teño moito máis que contar eu sobre os seus cambios de “guións” e faios de memoria, oral e escrita, que el sobre os meus.
Eu mentres colaborei co equipo de goberno, na lexislatura pasada, creo que tiven un comportamento impecable cos que, naquel momento, eran os meus compañeiros, entre eles co que hoxe é o Alcalde de Valadouro. Respetando a D. Eulogio Fernández en todo momento, incluso máis que algúns dos que formaban o seu propio equipo. Non todos os que viviron esa lexislatura poden dicir o mesmo e, dende logo, a min non se me correspondeu cun trato similar, como ben sabido é pola maioría dos veciños de Valadouro.
Quero recordarlle ao equipo de goberno, e en concreto ao Alcalde, que agora estou na oposición e a miña función como OPOSICIÓN é dicir o que penso en todo momento e OPOÑERME PUBLICAMENTE a todo o que CREA QUE PREXUDICA aos veciños.
Xa sei que a vida de D. Lamela era moito máis cómoda no anterior mandato, cando os grupos da oposición centraban todos seus ataques no meu traballo e nos meus actos, mentres que el vivía resgardado pola miña sombra, acazapado, e ríndose das críticas que, pleno tras pleno, cebábase conmigo.
A realidade cambiou. Vostede tirou a careta e pasou a estar na primeira liña de fogo. Xa non hai “sombras” baixo a cal resgardarse. ¿Non é sinxelo verdade?.
Déixese de contestar as entrevistas con calificativos despectivos sobre os que somos, aínda que non lle guste, os seus compañeiros de corporación porque a xente, os veciños do seu municipio, así o decidiron nas urnas. Dedíquese a gobernar, a tomar decisións, a cambiar cousas, pois, ata agora, este Concello non notou a entrada de aire novo na alcaldía. Xa sei que na súa toma de posesión dixo que este sería un goberno continuista , pero nunca pensei que o levara a cabo tan ao pé da letra, porque realmente está a ser peor que continuista pois, a diferencia de vostede, D. Eulogio Fernández , aínda que non lle guste oílo , mostrábase máis dialogante, respetuoso e menos déspota cos membros da oposición.
Respecto a que “ando con películas” ,como vostede asegura, só contestarlle que aquí o especialista en cine non son eu, pois foi vostede quen, visto que perdía a votación, retirou da orden do día a subida do imposto á construcción unhas horas máis tarde de facer declaracións asegurando que sería o pleno quen decidiría sobre ese tema.
Ademais vostede foi quen propuxo esa unificación de taxas (que prexudica claramente as obras pequenas) alegando que os parques eólicos están recurrindo ao pago das licencias nos concellos que non teñen un gravame único, aínda que non me soupo aclarar que sentencias favorables as empresas eólicas existían. Por non saber, non sabía vostede nin se existía xurisprudencia sobre o tema.
Eu e a xente que me rodea, entre película e película, dedicámonos, pola contra, a documentarnos, por eso podo asegurar que o vostede pretendeu con esta nova ordenanza, que gracias aos grupos da oposición non saíu adiante, foi cargarse o principio de capacidade económica que está perfectamente definido na Lei de Facendas Locais, polo cal a fiscalidade debe basarse na progresividade o que implica que a maior productividade maior aportación debe facerse ás arcas públicas.
Asegúrolle que ler é moi san.
Tamén pídolle que antes de facer declaracións aclare as súas ideas e moléstese en coñecer o que vostede mesmo presenta ao Pleno, pois cando asegura, contestándome sobre as novas taxas por licencia de actividade, que serán 50€ a mínima e 120€ a máxima, volve a “falsear o guión”, pois nin acerta na primeira nin na segunda. Lémbrolle que o que vostede mesmo propón son tarifas que oscilarán entre 60 e 300€ con un incremento para locais maiores de 100 m².
Reitérolle que ler é, máis que san, necesario e, por riba, non dana ningún órgano vital.
Eu creo que, con este análises das continúas contradiccións e faios que vostede. Sr. Alcalde, comete nesta entrevista, queda ben claro quen se monta “películas” e quen pretende maquillar a realidade tal como lle vaia no baile.
O que vostede ten é que carece de criterio e/ou de memoria, e non seu cal dos dous males será peor para Valadouro.
PD. “A Concelleira que o critica” ( como me denomina vostede) ten nome e agradeceríalle que, de agora en diante, cando se dirixa min ou fale sobre min , acostume a usalo.



















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



