A interesada denominación de feísmo urbanístico, aplicada na súa maior parte a inacabadas vivendas unifamiliares construídas no medio da nada do rural galego, trasladase agora a pretendida elitista construción urbana. Os que vían feísmo urbanístico na casa de aldea inacabada, do veciño carente de posibles para rematala, poderán velo agora nas montañas cor ladrillo que hai no medio de leiras sin urbanizar, enriba da praia ou na que ía ser a mellor esquina do barrio. Estas, de seguro que todas legais, non como a do veciño que empezou nun alpendre e rematará nun chalet despois de pedir mil favores que pagará durante media media vida. Nestes tempos, desde o principio, todo legal.
Mentras se dilucida a que se debe o novo cambio paisaxístico, si a economía e as finanzas ou a que non se compran vivendas ou quizás a que non se dan vendido, entre tanto, e haberá tempo, pódese facer un recorrido cuasi turístico pola costa de Lugo. Ir dende O Vicedo a Ribadeo, e ver aceras de rúas ocupadas por andamios e chiringuitos de venta que obrigan o petaón a circular por onde transitan os coches, pódense contemplar obras paradas, urbanizacións inacabadas, edificios a medio construír, terreos valados de ameazante chapa e alambre, redes rotas querendo tapar fachadas futuras, grúas que xa non se moven e bancadas nas que houbo grúas que non fixeron nada.
En O Vicedo suxirese comenzar na Casa do Concello e visitar a travesía, en Viveiro empezar pola entrada a Covas dende Escourido, en Xove a travesía, en Cervo ver San Cibrao, en Burela as cercanías do hospital e a travesía, Foz a vista de paxaro dende a variante, en Barrerios e cuestión de parar e facer recorridos varios para rematar en Ribadeo.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



